Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2022

Ruta dos muíños do río Medio

Imaxe
A ruta dos muíños do río Medio, afluente do Lambre está entre os concellos de Miño e Vilarmaior. É unha ruta pequena e bastante doada que discorre nun frondoso bosque de ribeira. Ao longo dela iremos observando varios muíños, pequenas fervenzas, unha pequena minicentral, vexetación e fauna propia das fragas, a capela de Guadalupe no lugar de Vigo coa súa fonte de augasanta, etc. Estupenda camiñata para disfrutar en calquera estación do ano. Paraísos para descubrir!

A xunqueira

Imaxe
Ao lado da casa temos este tesouro da xunqueira. Mergullarse neste humidal é unha marabilla para os sentidos. A frondosa vexetación, os animais que podemos observar, a luz, os sons,...Un pequeno paraíso que debemos valorar e coidar.

Racamonde- O Forgoselo

Imaxe
A serra granítica do Forgoselo está integrada na Zona de Especial Conservación Río Xubia-Castro da Rede Natura 2000. O Pico Racamonde, situado na parroquia de Narahío- San Sadurniño, é un miradoiro natural a unha altura de 540m dende o que observamos o golfo Ártabro, dende As Sisargas ata A Capelada, montes da Faladoira, etc. A ZEC Xubia-Castro está incluída na Rexión bioclimática atlántica, ten unha superficie de máis de 2000 hectáreas e esténdese polos concellos da Capela, As Pontes, As Somozas, Moeche, Narón Neda e San Sadurniño. Racamonde- orixe visigoda, xermánica de Reccamundi ou Recamundus ( vila de Reckimundo)

A Barrosa

Imaxe
En Ares podemos presumir de praias. Entre as que están máis protexidas do nordeste temos esta. As vistas da ría son espectaculares. As illas Mirandas parecen centinelas gardándoa. Con marea baixa é moi entretido observar a vida que habita en cada poza.

No Belelle

Imaxe
Este río, que temos tan preto, ofrece ao longo do seu curso rutas ben marcadas e en moitos casos moi coidadas, que nos mostran un amplo abano de lugares para descubrir. Neste caso un remanso de tranquilidade moi preto do encoro que hai neste río. Despois dun verán de sequía dá gusto ver tanta auga.

Monteventoso

Imaxe
Vistas espectaculares as que podemos disfrutar dende Monteventoso en Ferrol: Doniños, a entrada da ría de Ferrol con Montefaro , a ría de Ares ao fondo, a torre de Hércules, as Sisargas cando hai boa visibilidade ,... Parece que por fin o concello de Ferrol vai poñer en valor este entorno no plan de recuperación das baterías costeiras.

Paseo pola praia

Imaxe
Un dos pequenos praceres diarios pode ser baixar á praia de Seselle pola mañá cedo. Camiñar a ritmo vivo deixando que o son e o cheiro do mar vaia despertando os sentidos é un luxo. Non importa a estación do ano, vaia frío ou calor, sexa un día solleiro ou nubrado,... O importante é deixar que o entorno nos envolva e gozar. Vivimos nun paraíso!