Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta As Fragas

O encoro do Eume desbordando.

Imaxe
Este é o aspecto que presenta o encoro do Eume nestes días de finais de maio. O espectáculo da auga!

Camiño vello a Caaveiro

Imaxe
O Camiño vello a Caaveiro é un antigo e fermoso camiño medieval, en plenas Fragas do Eume , que leva dende as casas de As Neves (A Capela) ata o mosteiro de Caaveiro . Deixamos o coche no lugar de O Pousadoiro e e uns centos de metros máis abaixo chegamos ao enlace que vén do lugar de O Pazo e o camiño xa coincide coa GR55 ou ruta do Medievo . Esa gran ruta de 90km que une Betanzos con S. André de Teixido , e que ten bastantes km que pasan por este concello de A Capela . O camiño cada vez ten máis pendiente e cun chan tan irregular e pedregoso, resulta esixente. A fermosura da fraga fai que mereza a pena! Despois dos 2,5km de baixada chegamos á ponte que atravesa o río Sesín . Baixamos ata o río para ver a ponte dende abaixo, os restos do muiño e os saltos da auga que producen un son atronador que nos rodea. Despois dun pequeno descanso, disfrutando da beleza do entorno, emprendemos o regreso; outros 2,5km, esta vez de forte subida, nos esperan. Con alg...

Fervenzas de Somede

Imaxe
En S. Mamede de Somede ( AS Pontes ), a carón do rego dos Campos , que verte as súas augas no Eume , atópase esta senda fluvial; descoidada polo concello de As Pontes , pero merecedora de atención pola súa riqueza paisaxística e etnográfica. Agora, nesta primavera chuviosa está complicada, pero é fermosisima. Aínda non conseguimos facer o percorrido completo. Nun primeiro intento, hai bastantes anos, fomos ata Aldea de Arriba , onde un sinxelo letreiro marcaba o inicio e o sendeiro levounos ata o primeiro muiño. O rego dos Campos baixaba entre saltos e fervenzas, polo medio da fraga de árbores espidas. No segundo intento, hai uns días, collimos o camiño que dende o rueiro que hai un pouquiño máis abaixo da igrexa, nos leva monte abaixo ata o rego dos Campos , xusto onde hai unha pontiga de lousa. Subimos a senda que hai na marxe esquerda e que non estaba en moi bo estado, obrigando a buscar alternativas polo monte. Chegamos a un punto onde resultaba moi complicado e aquí o de...

Senda fluvial das Painceiras

Imaxe
Na parroquia de Bermui ( concello de As Pontes ) atopamos esta senda fluvial que segue o curso do rego das Foxas que desemboca no Eume . Discorre baixo unha magnífica fraga, que nesta época aínda ten as súas árbores espidas, e por un percorrido cómodo, agás a carón das fervenzas, onde pode resultar perigoso. No inicio da senda un pequeno letreiro de madeira indica "fervenza e muiños" e ao pouco xa atopamos o primeiro muiño. Poucos metros máis adiante , ao outro lado do rego, atopamos o segundo, xa na parte onde comeza a caída da fervenza. Uns metros de subida e un letreiro recorda o perigo da baixada ata a fervenza e os outros dous muiños. Hai que ter coidado!, pero o que atopamos é unha fermosura!. Desta volta non seguimos a senda ata o río Eume , pero é unha opción que merece a pena.