Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Arte Románica

Sta María da Balsa

Imaxe
En plena serra do Xistral , preto do nacemento dos ríos Landro e Eume está a igrexa de Sta. María da Balsa , parroquia do mesmo nome do concello de Muras . Exemplo de igrexa románica (XII-XIII) do rural galego, pero con moitos añadidos doutra épocas: fachada, pórtico e capela maior no século XVII e a espadaña no XVIII. A porta lateral, no interior ten arco oxival e no exterior pódese ler que foi igrexa de refuxio. Aínda que a descubrimos hai xa uns anos, gústanos visitala de cando en vez para ver o seu estado e disfrutar da beleza do entorno.

Sta. María de Mezonzo

Imaxe
A primeira mención documental deste mosteiro é do ano 870 cando o rei Afonso III fai entrega do vilar de Mezonzo ao abade Reterico para que constrúa o mosteiro. Deste antigo cenobio medieval, onde se formou S. Pedro de Mezonzo, so se conserva a igrexa. Esta igrexa do concello de Vilasantar é unha xoia do románico rural galego . De planta basilical ten tres naves, de tres tramos cada unha, rematadas en tres ábsidas semicirculares moi fermosos que chaman a atención no exterior. A pouca distancia está o fermoso batán de de Mezonzo . Moi recomendables ambos para unha escapadiña!

Santa Olalla de Lubre

Imaxe
Seguindo a ruta do Románico no Golfo Ártabro , achegámonos a unha das xoias do concello de Ares , a igrexa de Sta. Olalla de Lubre , que aínda que conserva moi pouco do templo románico orixinal é un exemplo moi raro da transición do estilo oxival ao renacentista que merece a visita. &nbsp O topónimo Lubre (bosque sagrado onde os druidas celebraban os seus cultos) remítenos á antigüidade prerromana e estando a pouco máis de cen metros do lugar onde se asentaba o castro de Agro do Castro , ese pasado está claro. E sabendo do costume cristián de erixir igrexas ou capelas en lugares sagrados para as relixións precristiáns, resulta lóxico pensar que a igrexa de Sta. Olalla ou Olaia de Lubre , teña unha antigüidade maior que a que indica o cartel colocado á entrada do adro. Aparece xa no ano 830 na relación de igrexas que o rei Afonso II mandoulle facer ao abade Tructinio e no s.XII cítase na Historia Compostelá . Trátase polo tanto dunha igrexa moi antiga, aínda que o edificio...

A capela do monte de S. Antón

Imaxe
O monte de S Antón e arredores, no concello de Irixoa, son lugares cun toque mítico-sacro e poboados dende o megalitismo. Hai petróglifos, unha pedrafita-menhir, necrópole tumular, a capela,...que nos falan de emprazamentos de rituais ancestrais. A capela de S. Cosme ou de S. Antón, do s. XIII, está neste monte, a uns 500m. de altura sobre o val do Mandeo, a carón dos restos da que debeu ser unha fermosa carballeira, na que se celebran anualmente as romarías de S. Antón e S. Cosme. É unha mostra do románico serodio do rural galego que chama a atención polo macizo da súa construción na que non hai vanos que aporten luz. A portada con dobre arquivolta, lixeiramente apuntada, sobre dúas columnas de capiteis ornamentados e tímpano con tres figuras. Destacar tamén os 46 canzorros que soportan a cornixa con elementos xeométricos, cabezas de animais e rostros. Nesta ubicación impresionante, chama a atención que unha pequena xoia como é esta capela, teña un entorno nun estado de abandon...