Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Sta. Comba

Sta Comba a finais de marzo

Imaxe
Coa borrasca Nelson azotando o país nestes días pasados, calquera momento de calma era idóneo para unha escapadiña a observar a costa. En Sta Comba , a praia e o océano lucían así de espectaculares! Paraísos do norte de Galicia!

Sta. Comba

Imaxe
Na parroquia de S. Martiño de Covas , en Ferrol, atopamos esta ermida de S. Comba , que só podemos visitar con marea baixa. Localizada na Insua da Santa ou do Medio, xa os romanos construíron nela un templo, máis tarde cristianizado. A primeira referencia documentada é do s.XII. É unha sinxela ermida románica de planta rectangular , dunha soa nave e espadaña simple. No interior hai un arco mudéxar, testigo da súa antigüidade. Arredor dela hai moitas fermosas lendas. Unha conta que a santa, acompañada do seu fillo S. Silvestre,chega por mar ata aquí, nunha barca de pedra. Curiosa a frecuencia das barcas de pedra nas lendas galegas! A praia de Sta. Comba , a carón do illote, é un areal de fina area branca e magnetita en forma de gravilla negra, ventosa e de forte ondaxe, moi frecuentada polos amantes do surf. Dende aquí hai unhas magníficas vistas dos aguillóns chamados Os Cabalos na punta do cabo Prior , e no outro lado, a praia de Ponzos ,etc. Paraísos de Ferrolterra !