Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2026

Morouzos

Imaxe
Un paseo por Morouzos en Ortigueira sempre resulta unha delicia. A espectacularidade da ría de Ortigueira , as marismas e o areal de Morouzos , a lagoa coa súa senda, o piñeiral,... Un tesouro!

Primavera no entorno

Imaxe
A natureza sempre nos agasalla con estas magníficas explosións de cor na primavera. Atoparémolas en calquera lugar: a carón dunha casa, nun camiño, nos campos, nos montes,...hai que disfrutalas!

Os nosos hórreos

Imaxe
O goberno acaba de declarar os hórreos do norte de España como Patrimonio Cultural Inmaterial . Estas construcións da arquitectura popular son un dos vínculos que achegan o pasado ao presente. En Galicia hai máis de 100.000 en diferentes estados de conservación. Para moitos, esta declaración chega tarde; para outros aínda estamos a tempo de recuperalos. Pequenas xoias da arquitectura popular que atopamos en calquera recuncho da nosa terra.