Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

A fervenza de Naraío

Imaxe
No concello de San Sadurniño , ao pé do castelo de Naraío está a fervenza do río Castro , afluente do Xubia. Este castelo medieval aproveitaba a defensa natural, deste estreito val de paredes escarpadas, que forma o río Castro no seu camiño dende o Forgoselo, onde nace. Aquí, o río ten que salvar un forte desnivel, o que provoca numerosos saltos, pozas e a fermosa fervenza. Antes de chegar á fervenza vemos uns muiños e unha pequena central hidroeléctrica que nos falan do aproveitamento dos cursos fluviais. Seguimos o camiño que nos marca o Sendeiro do río Castro, monte arriba, e chegamos ata a fervenza despois duns centos de metros. Este espazo natural está dentro do ZEC Xubia-Castro , incluído na Rede Natura dende o 2011, e ademais por aquí confluen o Sendeiro do Castro e a Ruta dos Castelos e Mosteiros . O abano de posibilidades para camiñatas e rutas é moi amplo. Paraísos!

O bosque fósil de Seselle

Imaxe
De cando en vez, cando hai mareas de temporal ou especialmente vivas, na praia de Seselle aparecen os restos dun bosque fósil , que foi un dos primeiros en descubrirse en Galicia, datado no Holoceno, periodo Subboreal. Nestes bosques, os restos de árbores petrificadas e fósiles de animais son testigos dun tempo no que a liña costeira estaba máis baixa cá actual. As datacións falan de entre 4000 e 7000 anos, cando o nivel do mar estaba entre 15 e 20m por debaixo do nivel de agora. O depósito de Seselle ten unha extensión aproximada de 400m de longo por 30 de ancho cun espesor variable. É un sedimento turboso no que hai numerosos macrorrestos vexetais: anacos de madeia de gran tamaño de troncos e pólas, algún tocón en posición de vida, etc. "O medio sedimentario e paleoecolóxico representado en Seselle correspondería a unha lagoa litoral de auga doce, que se ve inundada polo mar hai 4000 anos. Sería fosilizada posteriormente por un cordón de dunas" según Santos Fidalgo e

A capela do monte de S. Antón

Imaxe
O monte de S Antón e arredores, no concello de Irixoa, son lugares cun toque mítico-sacro e poboados dende o megalitismo. Hai petróglifos, unha pedrafita-menhir, necrópole tumular, a capela,...que nos falan de emprazamentos de rituais ancestrais. A capela de S. Cosme ou de S. Antón, do s. XIII, está neste monte, a uns 500m. de altura sobre o val do Mandeo, a carón dos restos da que debeu ser unha fermosa carballeira, na que se celebran anualmente as romarías de S. Antón e S. Cosme. É unha mostra do románico serodio do rural galego que chama a atención polo macizo da súa construción na que non hai vanos que aporten luz. A portada con dobre arquivolta, lixeiramente apuntada, sobre dúas columnas de capiteis ornamentados e tímpano con tres figuras. Destacar tamén os 46 canzorros que soportan a cornixa con elementos xeométricos, cabezas de animais e rostros. Nesta ubicación impresionante, chama a atención que unha pequena xoia como é esta capela, teña un entorno nun estado de abandon

Con amor

Imaxe
Agora no antroido, nas cociñas de Galicia é tempo de freixós, orellas, chulas, rosquillas, flores,... Mentras preparo algunha destas lambonadas lembro que, hai tempo, un dos meus fillos facía esta reflexión: -Preparar unha comida pode ser un acto de amor. Estou de acordo. En Galicia, as comidas familiares son mostras de amor aos que nos acompañan. Arredor da mesa familiar están todos eses recordos que compartimos cos que nos acompañan no presente e dos que xa non están, pero que seguen con nós. A gastronomía galega é unha das riquezas inmateriais que debemos coidar e conservar. Cando fago unha empanada, por exemplo, lembro á miña sogra cando me ensinou a facela, á miña nai preparando o recheo, ás festas da miña infancia sempre con empanada,...e agora sigo eu para que as miñas netas tamén teñan eses recordos. A empanada galega xa aparece nas esculturas do Pórtico da Groria no s.XII. Temos unha riqueza de variedades xa recollidas por Pardo Bazán, Picadillo, Cunqueiro,... So necesitamo

A fonte da Virxe de Chanteiro

Imaxe
Esta fonte está a carón da ermida da Mercé de Chanteiro e ten unha fermosa lenda que as relaciona. Dise que hai centos de anos, alá na Idade Media, uns mariñeiros faenaban unha noite de verán preto da praia de Chanteiro . Viron en terra unha luz moi brillante e achegáronse á praia para ver de que se trataba. Sorprendidos quedaron ao ver que era a imaxe dunha virxe pousada nunha redondeada pedra, a carón dunha fonte. Tempo despois Fernán Pérez de Andrade manda construir a ermida da Virxe da Mercé moi preto da fonte. E continuando coas lendas, a uns centos de metros da fonte, no rego de Pomouro que desemboca na praia de Chanteiro , estaba o muiño de Pardiñas . Os muiños tiveron unha grande importancia na vida cotiá das aldeas e parroquias. Esto orixinou unha gran cantidade de cantigas, contos, lendas, arredor deles. Este pequeno muiño de Pardiñas era de parcería ou de partes, posto que era propiedade de varias familias que tiñan quendas ou turnos para moer. Aínda que pequeno, ten u

Punta Herbosa

Imaxe
A Serra da Faladoira vén dende As Pontes ata Estaca de Bares, rematando aquí nesta costa de gran interés paisaxístico, xeolóxico, natural,...É unha costa rochosa, de cantís que caen en vertical hacia o océano e que nos ofrecen espectaculares paisaxes en Bares, Picón, etc. O río Esteiro, que baixa dende o Coto de Vilariño e forma un amplo esteiro na praia á que dá nome, separa Ortigueira de Mañón. Esta praia de Esteiro, no lado de Bares, remata en Punta Herbosa. Dende as dunas hai un pequeno carreiro entre piñeiros que nos leva ata a punta. Fermosura de lugar! Outro paraíso que disfrutar. Alá ao fondo Ortegal e os Aguillóns, á esquerda toda a magnífica praia de Esteiro, á dereita os impresionantes cantís de Bares,... Sentarse sobre a herba que medra na punta e disfrutar do espectáculo é unha magnífica idea para un serán de febreiro. !