A fervenza de Naraío

No concello de San Sadurniño, ao pé do castelo de Naraío está a fervenza do río Castro, afluente do Xubia. Este castelo medieval aproveitaba a defensa natural, deste estreito val de paredes escarpadas, que forma o río Castro no seu camiño dende o Forgoselo, onde nace. Aquí, o río ten que salvar un forte desnivel, o que provoca numerosos saltos, pozas e a fermosa fervenza.
Antes de chegar á fervenza vemos uns muiños e unha pequena central hidroeléctrica que nos falan do aproveitamento dos cursos fluviais.
Seguimos o camiño que nos marca o Sendeiro do río Castro, monte arriba, e chegamos ata a fervenza despois duns centos de metros.
Este espazo natural está dentro do ZEC Xubia-Castro, incluído na Rede Natura dende o 2011, e ademais por aquí confluen o Sendeiro do Castro e a Ruta dos Castelos e Mosteiros. O abano de posibilidades para camiñatas e rutas é moi amplo. Paraísos!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

O mar de Loiba

Praia Pequena de Chanteiro

Praia de Chanteiro

A Campa

Recunchos

Praia do Raso

Pola costa de Ares

Dende o parque do Petelo

Miradoiro de Augas Caídas

A Redes por mar