Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Golfo Ártabro

Mañá de novembro en Seselle

Imaxe
Novembro está sendo un mes de alertas por ventos e choivas, pero sempre hai calmas entre os frentes que deixan disfrutar dos paseos. Onte tocou ao lado da casa, na praia de Seselle . Os ceos están espectaculares tanto de día cunha luz fermosísima, coma nas noites con auroras boreais ou nos sorprendentes solpores pintados de cálidas e brillantes cores. Afortunados de vivir nun paraíso!

Temporal de novembro en Chanteiro

Imaxe
Por que resulta sempre tan atractivo o mar? A súa beleza é case hipnótica; estea en calma ou embravecida observar o ritmo e a forza das súas ondas é un espectáculo prodixioso que lle senta moi ben aos nosos sentidos. Aproveitando o tren de borrascas destes primeiros días de novembro achegámonos ata a praia de Chanteiro para, unha vez máis, ficar abraiados coa panorámica que ven os nosos ollos. " Chanteiro , onde o Atlántico goza" é o slogan que usamos para presumir desta praia e o seu entorno. As imaxes mostran que non é esaxerado!

O Golfo Ártabro dende O Pieiro

Imaxe
Dende O Pieiro , sobre cabo Prioriño , a perspectiva do Golfo Ártabro é magnífica, xa que podemos observar perfectamente o arco do golfo dende Malpica ata Cabo Prior . Cun tempo algo borrascoso, as vistas seguen sendo espectaculares. Podemos apreciar o cabo Prior , as entrada da ría de Ferrol , Montefaro coa praia de Chanteiro aos seus pés, a entrada das rías de Ares, Betanzos e A Coruña , coa súa torre de Hércules algo confundida entre os edificios, o porto de Langosteira , Caión e Malpica coas Sisargas rematando o golfo polo sur. Ramón Otero Pedrayo deu esta denominación de Golfo Ártabro a esta costa que se correspondería co Portus Magnus Artabrorum dos xeógrafos grecorromanos. Nel están as rías de Ferrol, Ares, Betanzos e A Coruña . Se nos achegamos a Prioriño Chico , perdemos algo de perpectiva, pero estamos a carón do mar. Por outra banda, denomínase Costa Ártabra a un espazo natural declarado zona de especial conservación que abrangue os concellos d...

Na praia de Seselle

Imaxe
Un paseo matutino pola praia de Seselle é un bo agasallo de Reis . Entre chuvasco e chuvasco, aproveitamos para disfrutar deste paseo na praia solitaria a esta hora temperá da mañá. Unha gozada; volta un á casa coas pilas cargadas.

Decembro na Barrosa

Imaxe
Unha tarde de decembro fresca e anubrada, tamén é ideal para achegarse ata a praia de A Barrosa . O espectáculo da entrada da ría de Ares , cun ceo plomizo e o mar en calma é marabilloso. Despois de baixar as escaleiras, camiñar sobre as pedras e achegarse ata a orilla para ver o mar bicando a ribeira, observar o voo das gaivotas, unha ave rapaz no ceo sobrevoándonos,... Momentos de calma e relax! As escaleiras que hai que subir para marchar, son un pequeno pago por tanta beleza!

A Coviña

Imaxe
A Coviña é un pequeno porto natural situado ao pé do cabo Prior e moi protexido de ventos e temporais por este. Posiblemente estea relacionado co pasado medieval da parroquia de Covas ( Ferrol ), cando aquí había un importante porto baleeiro e unha granxa-factoría encargada do tratamento das capturas. Esta granxa pagaba o diezmo ao mosteiro de Sobrado , o cal foi moi disputado durante décadas polos Andrade . Dende a estreita estrada que nos leva ata A Coviña as vistas, da costa de Covas e do Golfo Ártabro , son espectaculares.