Temporal de novembro en Chanteiro

Por que resulta sempre tan atractivo o mar? A súa beleza é case hipnótica; estea en calma ou embravecida observar o ritmo e a forza das súas ondas é un espectáculo prodixioso que lle senta moi ben aos nosos sentidos. Aproveitando o tren de borrascas destes primeiros días de novembro achegámonos ata a praia de Chanteiro para, unha vez máis, ficar abraiados coa panorámica que ven os nosos ollos.
"Chanteiro, onde o Atlántico goza" é o slogan que usamos para presumir desta praia e o seu entorno. As imaxes mostran que non é esaxerado!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso