Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Muras

Sta María da Balsa

Imaxe
En plena serra do Xistral , preto do nacemento dos ríos Landro e Eume está a igrexa de Sta. María da Balsa , parroquia do mesmo nome do concello de Muras . Exemplo de igrexa románica (XII-XIII) do rural galego, pero con moitos añadidos doutra épocas: fachada, pórtico e capela maior no século XVII e a espadaña no XVIII. A porta lateral, no interior ten arco oxival e no exterior pódese ler que foi igrexa de refuxio. Aínda que a descubrimos hai xa uns anos, gústanos visitala de cando en vez para ver o seu estado e disfrutar da beleza do entorno.

Terras altas de Muras

Imaxe
Moi preto da casa, a pouco máis de media hora, temos moitas opcións de recorridos por terras altas: Ortigueira, Mañón, Ourol, Muras, etc. Neste caso, un paseo polas montañas de Muras . Fermosura de horizontes!

Ponte sobre o rego dos Coruxos

Imaxe
Neste serán no que comeza a primavera, esta carballeira a carón do rego dos Coruxos en Muras , aínda ten o aspecto invernal. Quédanlle semanas por diante para encherse de follaxe. A natureza cos seus cambios fálanos de eternidade. Fermosa estación para disfrutar dos paraísos do norte de Galicia! ( Coruxo en galego é unha especie do sollo ou esturión. Debía ser un rego que tiña abundancia deles.)

Bordeando a Serra da Carba

Imaxe
Case despedindo o inverno nesta solleira tarde cun fermoso recorrido bordeando a Serra da Carba , por terras de Xermade , Vilalba e Muras . Imaxes bucólicas que transmiten serenidade e calma. Beleza en estado puro!

Por terras altas

Imaxe
Os concellos lugueses de Muras e Ourol son os que máis adoitamos visitar cando nos apetece montaña. Este percorrido de Viveiró ata Xerdiz , seguindo as terras polas que baixa o Landro , facémolo con bastante frecuencia, ben pola estrada CP-3804 ou pola CP-6502. As estradas son estreitas, pero case sen tráfico, e as paisaxes que nos rodean merecen a pena. Pequenas paradas permítennos observar con máis detalle as aldeas e rueiros polos que pasamos. Tesouros do norte de Galicia!

Terras altas do Eume

Imaxe
O río Eume nace na xuntanza dos regos do Lamoso o o das Toxeiras (que neste punto xa leva recorridos máis de 2.250KM), na Serra do Xistral , na parroquia de Montouto do concello de Abadín . Nos seus 80Km de lonxitude pasará polos concellos de Muras , Xermade , As Pontes , Monfero , A Capela , Cabanas e Pontedeume , ata chegar ao mar na ría de Ares . Neste paseo polas terras altas do Eume , partimos de Invernés(Muras) despois de cruzar a ponte sobre o río, e seguiremos pola estrada, que case sempre moi preto del, nos levará ata A Laxe en Montouto(Abadí n), para ver o seu nacemento. Unha estrada de montaña moi tranquila, con paisaxes variadas e ben fermosas. Seguimos pola estrada que leva ao parque eólico de Montouto e Fiouco e xa vemos o pequeno río aparecer entre dous montes. Unha longa viaxe espéralle ata chegar ao mar. Dende o alto do parque as serras do Xistral e a da Toxiza destacan na inmensidade de paisaxe que podemos contemplar neste serán de finais de sete...