Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ria de Ares

Outubro na Xunqueira

Imaxe
A Xunqueira de Ares , ese pequeno humidal que temos no noso concello, é un tesouro natural que disfrutamos e debemos coidar. Agora, en outubro, coas árbores espíndose de follas e alfombrando as pasarelas, as cores de tonalidades cálidas que falan de outono, está ben fermosa. Dar un paseo por ela, sentarse nun dos seus bancos a observar e escoitar, facer un boceto ou ler, charlar ou facer fotos,... Paraísos a carón da casa!

Contorna de Seselle

Imaxe
As nosas camiñatas máis frecuentes son pola contorna de Seselle , pero aínda que se repita o itinerario, sempre hai algo que o faga diferente. Pode ser o ceo cambiante que fai que unha mesma paisaxe resulte diferente. Pode ser o cambio das estacións na vexetación: por exemplo agora os loureiros e os espiños están floridos, asoman as prímulas e os narcisos silvestres,... Pode ser o gran carballo que agora en marzo, na súa desnudez, mostra toda a súa forza. Ou os salgueiros que xa están botando follas e flores e locen fermosos. Pode ser a arquitectura popular que merece a nosa atención. Por exemplo as construcións indianas . Ou simplemente ir lembrando a riqueza toponímica que temos e debemos conservar: O Alto da Pena , O Pereiro , o Cagacho , Mariñós , A Taipa , O Baixolo, Rodelas, Barracido ,... Contemplar e disfrutar. Paraísos ao lado da casa.