Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Gastronomía

Outono e castiñeiros

Imaxe
Coa chegada do outono os castiñeiros nas hortas ou nos soutos traen fartura; as castañas van estar moi unidas ás celebracións populares desta estación: os magostos , o Samaín , Defuntos ,... Quen non lembra da súa nenez os colares de zonchos , as castañas cocidas acompañadas de mariquitas , as castañas asadas ,... Unha época do ano chea de ritos e tradicións, seguramente milenarias, que en Galicia conservamos.

Chega o Antroido

Imaxe
Chega o Antroido , e con este día de auga, apetece poñerse a preprar uns freixós . A gastronomía é unha parte importante do noso patrimonio; é unha viaxe no tempo e tamén un nexo cos devanceiros que nos ensinaron esas preparacións, son os recordos de bos momentos nas cociñas familiares que debemos pasar ás novas xeracións.

Viaxe gastronómica

Imaxe
Coñecer e degustar a cociña local podemos considerala unha experiencia sensorial e tamén cultural. Na gastronomía identifícase a identidade e a autenticidade do lugar que visitamos. En Galicia temos unha gastronomía variada con produtos do mar e da terra de gran calidade , elaborados con técnicas tradicionais ou actuais, para que a parte gastronómica sexa un aspecto importante das nosas viaxes polo norte de Galicia.

Con amor

Imaxe
Agora no antroido, nas cociñas de Galicia é tempo de freixós, orellas, chulas, rosquillas, flores,... Mentras preparo algunha destas lambonadas lembro que, hai tempo, un dos meus fillos facía esta reflexión: -Preparar unha comida pode ser un acto de amor. Estou de acordo. En Galicia, as comidas familiares son mostras de amor aos que nos acompañan. Arredor da mesa familiar están todos eses recordos que compartimos cos que nos acompañan no presente e dos que xa non están, pero que seguen con nós. A gastronomía galega é unha das riquezas inmateriais que debemos coidar e conservar. Cando fago unha empanada, por exemplo, lembro á miña sogra cando me ensinou a facela, á miña nai preparando o recheo, ás festas da miña infancia sempre con empanada,...e agora sigo eu para que as miñas netas tamén teñan eses recordos. A empanada galega xa aparece nas esculturas do Pórtico da Groria no s.XII. Temos unha riqueza de variedades xa recollidas por Pardo Bazán, Picadillo, Cunqueiro,... So necesitamo...