Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Setembro, 2023

Lagoa de Cospeito

Imaxe
Na Reserva da Biosfera Terras do Miño está a Lagoa de Cospeito , alimentada principalmente polo río Guisande da conca do Támoga , e é un dos ecosistemas hídricos de maior singulariedade da Rexión Atlántica da Península Ibérica. É un refuxio ideal para numerosas variedades de aves que o utilizan coma zona de invernada. No outono-inverno pódese observar a maior cantidade de aves que chegan do norte de Europa : avefrías, parrulos-culler, ánades, cercetas, galiñas de auga, garzas,....A lagoa e os prados húmidos tamén acollen anfibios, e mamíferos. A vexetación arbórea básicamente costituida por bidueiros, salgueiros, carballos protexen o entorno . Dende as torretas de observación poderemos apreciar todo isto. Camiñar polas sendas e pasarelas é un baño de natureza magnífico en calqueira época do ano aínda que non sexamos afeccionados á ornitoloxía. Paraísos da nosa terra!

Despedindo o verán

Imaxe
A piques de despedir o verán, o paseo matutino pola praia de Seselle avisa da beleza da estación que imos comezar. Ese ceo espectacular, con alternancia de nubes e craros que pintan un lenzo imaxinario de formas cambiantes, os restos das fortes mareas na area, os cambios na vexetación marcados polo final das colleitas e a preparación para o descanso da Natureza,...falan de outono. Outono no paraíso!

Fervenza do rego da Palanca

Imaxe
O rego da Palanca nace no cordal de Montouto e xúntase con outros regos formando o río Cambás , afluente do Mandeo . Nestas unións, os regos atravesan espectaculares vales nesta zona que conserva a natureza primitiva dunha fraga autóctona e forman rápidos e fervenzas coma esta , coñecida como fervenza da Palanca . Pódese chegar a ela dende a área recreativa de Ponte Aranga na confluencia do Cambás co Mandeo por unha ruta de 6km. de certa dificultade ou, como fixemos nós, dende o lugar de O Couce cun percorrido de 2km, aproximadamente, e tamén con certas dificultades polas pendientes do terreo nalgunhas zonas.

A Toxiza

Imaxe
A Toxiza é unha das serras setentrionais de Galicia. Estas serras separan os terreos litorais do mar Cantábrico da Terra Chá e conectan coa Dorsal Galega pola Serra da Carba. A Toxiza está conformada por granodioritas e chega dende Mondoñedo ata Ferreira do Valadouro . O alto da serra acada os 838m sobre o nivel do mar. Chaman a atención os grandes bolos e penedos orixinados pola erosión que fan que a paisaxe resulte máxica. Está repoboada por piñeiros e hai tamén turbeiras e restos megalíticos abundantes, pero mal sinalizados. Espectacular!

Setembro na Barrosa

Imaxe
A praia da Barrosa é unha das perlas da ría de Ares . Con esta beleza non é raro que sexa unha localización escollida para películas e series. En calquera momento, achegarse ata ela e mirar a ría é un pracer. Paraísos de Ares !

Porto de Bares

Imaxe
Estaca de Bares , o punto máis setentrional da península Ibérica, adéntrase no mar para separar as augas do Atlántico das do mar Cantábrico . Aquí está o porto de Bares , un lugar da parroquia de Bares no concello coruñés de Mañón . É o porto máis antigo de Galicia que sigue en activo; obra moi singular, o espigón artificial sería de orixe fenicia según Federico Maciñeira, pero hai pouco, estudios da UDC dataríano de orixe romana. A aparición de recipientes romanos para a salgadura e dun mosaico desta época na Igrexa Vella de Bares, reforzan esta tese. Paraisos do norte!