Lagoa de Cospeito

Na Reserva da Biosfera Terras do Miño está a Lagoa de Cospeito, alimentada principalmente polo río Guisande da conca do Támoga, e é un dos ecosistemas hídricos de maior singulariedade da Rexión Atlántica da Península Ibérica. É un refuxio ideal para numerosas variedades de aves que o utilizan coma zona de invernada. No outono-inverno pódese observar a maior cantidade de aves que chegan do norte de Europa: avefrías, parrulos-culler, ánades, cercetas, galiñas de auga, garzas,....A lagoa e os prados húmidos tamén acollen anfibios, e mamíferos. A vexetación arbórea básicamente costituida por bidueiros, salgueiros, carballos protexen o entorno . Dende as torretas de observación poderemos apreciar todo isto.
Camiñar polas sendas e pasarelas é un baño de natureza magnífico en calqueira época do ano aínda que non sexamos afeccionados á ornitoloxía. Paraísos da nosa terra!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

A escola de Seselle

Praia do Raso