Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta praias

Cala de Almieiras

Imaxe
A praia de Almieiras é outra das pequenas praias do concello de Fene , na ría de Ares . Pequena, de augas tranquilas, de area fina e rodeada de vexetación, semella estar escondida. Moi frecuentada en tempada estival, ao estar á beira da senda litoral que vai de Redes a Cabanas , sempre é unha boa idea baixar ata ela. Paraísos da Costa de Bezoucos !

Sta Comba a finais de marzo

Imaxe
Coa borrasca Nelson azotando o país nestes días pasados, calquera momento de calma era idóneo para unha escapadiña a observar a costa. En Sta Comba , a praia e o océano lucían así de espectaculares! Paraísos do norte de Galicia!

Ponzos , entre frente e frente.

Imaxe
Aproveitando unha tarde que quedou solleira, entre frente e frente da borrasca Nelson , fomos ata a impresionante praia de Ponzos . Paraísos de Ferrolterra !

Praias de río Sandeu e o Portiño

Imaxe
Despois da praia de Areamorta en Redes , ría adentro, están a pequeniña cala de O Portiño e a última das praias do concello de Ares dentro da ría, a praia de Río Sandeu , compartida co concello de Fene , xa que o rego Río Sandeu é a fronteira dos dous concellos. Moi protexidas, de area fina e dourada, son praias de augas tranquilas e moi utilizadas coma fondeadeiros nas xornadas estivais. Rodeadas da vexetación propia do interior da ría, que crea un telón de verdor arredor delas, son praias moi fermosas.

Praia de O Coído

Imaxe
A praia de O Coído é unha das catro praias que o concello de Fene ten na ría de Ares . Praia resgardada e ben orientada, de area fina e escura rodeada da vexetación típica das ribeiras do interior da ría. Nun día de inverno está case deserta, pero no verán está moi concorrida e numerosas embarcacións fondean nas inmediacións para pasar as xornadas festivas. Tesouros da Costa de Bezoucos !

Praia de Vilarrube en febreiro

Imaxe
Esta fin de semana invernal con temporal de auga, vento e neve en cotas baixas, non parece irmá da pasada fin de semana, solleira e primaveral. Hai unha semana paseabamos pola fermosa praia de Vilarrube . A marea estaba baixa e desta volta o paseo foi hacia a banda do río das Mestas . A baixamar permitía ver todo o espectáculo do areal que con marea alta cubre o mar. As imaxes falan por si soas. Outro paraíso de Ferrolterra !