Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta S. Felipe

Calas de S. Felipe

Imaxe
En S. Felipe están estas tres calas paradisiacas, moi preto do castelo de S. Felipe : a cala do Castelo , a cala da Caseta e a cala do Almirante que ten unha rampa semiderruida. Ante tanta beleza non sabería escoller ou recomendar unha; hai que visitalas todas. Paraísos ben preto!

De S. Felipe a S. Cristóbal

Imaxe
A senda que une S. Felipe con S. Cristóbal é curta e moi doada, con vistas impresionantes da entrada da ría de Ferrol , con xoias patrimoniais coma o Castelo de S. Felipe , os restos do fortin de S. Carlos ou a batería de S. Cristóbal (os dous últimos mostran abandono) ou xoias paisaxísticas coma as calas preto do castelo de S. Felipe ou a ribeira de S. Cristóbal . Chegando a S. Felipe dende Brión a panorámica da entrada da ría é espectacular. A senda comeza a carón dun pequeno parque infantil preto do castelo. Como é curta e doada resulta axeitada para calquera idade e condición física.   ;&nbsp Ao chegar aos restos do fortín de S. Carlos unha pequena parada para velo de preto e comprobar que está en peor estado cá ultima vez que o visitamos. Seguimos a senda e pouco despois a fermosa ribeira de S. Cristóbal centra a nosa atención.    Xa no camiño de volta a letra daquela canción dos Limones vén á miña mente:          ...