Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ortegal

A costa de Loiba

Imaxe
A costa de Loiba , entre Ortigueira e Mañón , é un espazo natural protexido e zona de especial conservación, e tamén un lugar de referencia na xeoloxía española e mundial, xa que os materiais que a conforman orixináronse por erupcións volcánicas submarinas hai máis de 470 millóns de anos. Pero , a simple vista, o primeiro que sentimos é a impresión que causa a beleza desta costa, dos seus cantís, das prais virxes, da Ruta das algas,... De cando en vez, hai que voltar para descubrir algo novo, ou simplemente para deixarse abraiar polo entorno. Paraísos do norte de Galicia!

S. Xiao de Trebo

Imaxe
S. Xiao de Trebo é un dos lugares máxicos de Cariño tanto pola súa singularidade como polas lendas que o rodean. Dende o s. XIII celébrase unha peregrinaxe anual a esta capela. Esta ruta forma parte do Camiño de Santiago- Camiño do Mar, na etapa Cariño-S. André de Teixido. O Camiño Vello de S. Xiao é unha ruta doada que discorre en paralelo á costa atravesando bosques de loureiros, carballos, salgueiros e eucaliptos. O camiño mide aproximadamente 3,2km.(ida e volta) e resulta cómodo. Baixo a capela hai restos dun antigo xacemento romano. Pódese completar a ruta ata os escarpados cantís do cabo Ortegal, para contemplar os illotes dos tres Aguillóns e o faro. Tamén podemos elexir algún dos moitos miradoiros de Cariño para disfrutar das espectaculares vistas que nos rodean.