Contrastes de decembro
Hai unha semana, a praia de Estacas e a ría de Ares lucían este aspecto nunha tarde solleira. O ritmo das ondas chegando á praia, o sol morno quentando o corpo, a luz do sol escintilando no mar,... Onte, na praia de Chanteiro , o panorama era ben distinto. Un ceo toldado ameazaba chuvia e a forte marexada resultaba hipnótica coas súas ondas rompendo no areal e nas rochas. Contrastes no paraíso!