Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mámoas

Os asentos máis duros do mundo.

Imaxe
Un dos espazos de gran valor natural no Concello de Fene é o monte Marraxón , zona de montes comunais que chega a unha altura duns 354m no lugar coñecido coma O Couto do Rei . Aquí levan a cabo os veciños, coa colaboración do Concello, un proceso de recuperación e limpeza para preservar os ecosistemas ademais dos restos megalíticos existentes. Dende o cume do monte podemos observar unha das mellores vistas panorámicas da ría de Ferrol e do Golfo Ártabro e descansar nos chamados " Asentos máis duros do mundo" . Sentar neles despois da subida ao Couto , aínda que sexan duros, e disfrutar desta paisaxe agradécese. A carón dos asentos está a mámoa do Couto do Rei que é a de maior tamaño que podemos atopar entre o grupo de 19 mámoas esparexidas polo monte Marraxón e que datan do 5500 a.d.C. ( Mámoa: Sepulcro prehistórico da época megalítica formado por un dólmen cuberto por un montículo de terra ou pedras.) Tesouros moi preto da casa!