Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ourol

Por terras de Ourol

Imaxe
Ourol , ese concello cheo de montañas, é un dos que recorremos con frecuencia buscando estradas que nos leven a pequenos rueiros e aldeas que descubrir ou voltar a ver. Nesta ocasión o recorrido non é novo, xa o fixemos máis veces, pero é unha delicia de todos xeitos. Pasamos por Ambosores, Toxoso, Bravos e subindo hacia O Sixto, paramos no lugar de Coxuxo onde, nuns centos de metros, hai un pequeno muiño, a ermida de S Xoán e uns rueiros, de vivendas tradicionais de pedra, moi fermosos. O val entre montañas que leva ata Bravos, é impresionante.

Por terras altas

Imaxe
Os concellos lugueses de Muras e Ourol son os que máis adoitamos visitar cando nos apetece montaña. Este percorrido de Viveiró ata Xerdiz , seguindo as terras polas que baixa o Landro , facémolo con bastante frecuencia, ben pola estrada CP-3804 ou pola CP-6502. As estradas son estreitas, pero case sen tráfico, e as paisaxes que nos rodean merecen a pena. Pequenas paradas permítennos observar con máis detalle as aldeas e rueiros polos que pasamos. Tesouros do norte de Galicia!

Polos montes de Ourol

Imaxe
Ourol é un dos concellos que visitamos frecuentemente cando buscamos montes e alturas dende os que otear amplos horizontes nos que sorprenden pequenos rueiros espallados entre montañas e vales. Desta volta, achegámonos ata a parroquia de Xerdiz , cun igrexario no que parece que o tempo parou! A gran igrexa rodeada do camposanto habaneiro, a vella casa reitoral, o fermoso cruceiro, o campo da festa,.., todo fala doutro tempo pasado, rodeados de silencio...

Na fervenza do Xestosa

Imaxe
Neste comezo de abril tan chuvioso outra fervenza que hai que visitar é a do río Xestosa , no límite dos concellos de Ourol e Muras . O Xestosa , tamén coñecido coma Xanceda , é afluente do Landro . Falta aínda moito verde nas árbores da fraga, so os piñeiros da baixada lucen as súas agullas, pero o espectáculo da auga merece a visita.

S. Pantaleón- Ourol

Imaxe
S. Pantaleón de Cabanas é unha parroquia do concello lugués de Ourol . No 1392 Fernán Pérez de Andrade obtén licenza do bispo de Mondoñedo para edificar tres igrexas nos montes do Sor: S. Pantaleón de Caban as, Sta. María de Cabanas e S. Pablo de Riobarba . S. Pantaleón foi construída entre finais do XIV e principios do XV. Desgraciadamente, desta época queda moi pouco á vista, xa que sufriu modificacións posteriores. Por exemplo a fermosa portada principal quedou oculta no interior por mor da ampliación da súa lonxitude; sobre a porta lateral aprécianse o xabarín e o lebrel, marca dos Andrade. Tamén hai un xabarín cunha cruz no muro de entrada. Esta figura aparece nas tres igrexas, aínda que desprazada na actualidade das súas posicións orixinais. O campanario é barroco e luce un reloxo de sol. No fermoso adro que rodea a igrexa chama a atención, pola tosquedade e tamaño, a cruz de pedra. A arquitectura relixosa atesoura marabillas de todas as épocas e corrientes artísticas e n...

Sta. María de Xerdiz

Imaxe
A igrexa parroquial de Sta. María de Xerdiz , no concello de Ourol , xunto coa vella reitoral, o cruceiro, o campo da festa e o cemiterio indiano , forman o núcleo da parroquia. A igrexa do s.XVIII é de planta de cruz latina con tres naves e unha espadaña con dúas campás. O cruceiro é do s. XIX e o coñecido como cemiterio indiano, porque 64 indianos de Cuba pagaron máis do 70 por cento do seu custo, foi construido no 1908. A carón da igrexa, está a antiga reitoral en estado de abandono, pero mostrando aínda a súa beleza. O campo da festa completa este conxunto parroquial, mudo testigo da vida dos habitantes desta parroquia. Na calma que rodea este lugar parece que o tempo se detivo e que convida á reflexión. No lugar menos pensado atopamos lugares que merecen atención. Paraísos!