Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta A Mariña

Faro de Punta Roncadoira

Imaxe
O faro de Punta Roncadoira está na parroquia de Portocelo , no concello lugués de Xove . Comezou a funcionar no ano 1986 e serve de enlace entre o faro de S. Cibrao e o de Estaca de Bares , sinalando a entrada da ría de Viveiro . A unha altura de 94m. sobre o nivel do mar, é un observatorio de aves marinas magnífico ademais de ofrecer unhas vistas espectaculares da costa e do mar Cantábrico . A pouca distancia está o monte Castelo , curioso parque pétreo que cos seus 132m de altitude vainos ofrecer unha completa perspectiva desta zona da Mariña luguesa dende os dous miradoiros que ten no cume: o de Oriente e o de Poñente. Paraísos do norte de Galicia.

S. Martiño de Mondoñedo- Foz

Imaxe
A basílica de S. Martiño , na parroquia de S. Martiño de Mondoñedo no concello de Foz , está considerada a catedral máis antiga de España. Esta xoia, de orixe prerrománica, foi se do bispado de Mondoñedo durante anos. O actual edificio ten elementos arquitectónicos dos séculos X, XI, XII e os enormes contrafortes do XVIII. Ten planta basilical con 3 naves e tres ábsides. A súa historia comeza no século VI cando un grupo de cristiáns chegan fuxindo dende a provincia romana de Britania establecéndose en Galicia nun lugar que chamaron Bretoña, posiblemente na actual Sta. María de Bretoña (A Pastoriza- Lugo). Fundan un bispado que participou regularmente nos Concilios de Toledo. No s.IX os vikingos destruen Bretoña e o bispado trasládase ao que será S. Martiño, lugar ofrecido por Afonso III para fundar un mosteiro. Será sede de dous bispados do reino de Galicia: un trasladado de Dumio ( en Braga) e o de Bretoña ( en Lugo). Para os que gustan das lendas, mencionar que a fonte de Zapat...