Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Praia Pequena

Momentos na Praia Pequena

Imaxe
Un recuncho paradisíaco do concello de Ares é a Praia Pequena de Chanteir o. Xogando coa marea baixa aparece e desaparece para soprendernos sempre coa súa beleza. Pisar a area, sentarse nunha rocha a observar o mar no seu constante movemento, deixarse envolver pola airexa marítima, notar a calma que nos vai conquistando...Un paraíso!

O paraíso!

Imaxe
Cando un vive no paraíso non hai nada que engadir. ( Praia Pequena de Chanteiro ).

A Praia Pequena en xaneiro

Imaxe
Cunha sucesión de borrascas afectando a todo o país, e a borrasca Juan traendo moita chuvia e neve, estas imaxes do paseo do serán de onte atestiguan que non é preciso buscar destinos paradisíacos noutros lugares afastados. O paraíso está aquí, na casa. Despois do paseo ata O Segaño polo camiño de Salgueiras , baixar ata a cala da Praia Pequena de Chanteiro coa marea baixa é o colofón desta tarde de xaneiro. O mar acariciando a area, o sol xogando coas nubes e quentando o ambiente, as rochas do cantil figurando esculturas pétreas, a ausencia de ruidos, un pescador alá ao lonxe,...PAZ! Ares é un paraíso!

Praia Pequena de Chanteiro

Imaxe
Reconectar coa natureza é preciso se queremos ser máis felices, porque na conexión co entorno natural atoparemos beneficios para o corpo e a mente. O ser humano necesita desa conexión que podemos atopar en moitos lugares e de moitos xeitos. Mirando no entorno máis próximo atoparemos miles de lugares nos que desconectar das rutinas. Un deses lugares marabillosos pode ser a praia Pequena de Chanteiro. Esta pequena cala, que con marea alta queda sen area, é un lugar máxico. Sentarse aquí un tempo, observar, sentir, emociónarse co entorno,...Calquera momento é bo, pola mañá cedo no entorno case deserto, ao solpor cando o sol pode ofrecernos ceos espectaculares, un día de temporal co mar rompendo nas rochas, ou nun serán solleiro de febreiro coma este. Escoitar o mar é un bálsamo para o espíritu. Próbao e disfruta!(Mirar o vídeo en pantalla completa e co son activado).