Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2023

Praia de Seselle: relax.

Imaxe
A praia é un dos mellores lugares para aliviar o estrés e acadar a calma. De feito é recomendable ir á praia regularmente para conseguilo. O ritmo das ondas, o seu movemento e son, inflúen nos nosos ritmos internos producindo un efecto calmante. Os que temos a fortuna de vivir preto dunha praia e podemos ir camiñando ata ela pola mañá cedo, cando somos pouco máis dunha ducia de persoas disfrutando dela: uns camiñando, outros correndo, nadando, pescando, facendo ioga, etc, somos uns privilexados. Chegar ata as escaleiras que baixan á praia das Regueiras en Seselle , e facer unha paradiña para marabillarme coa paisaxe da ría de Ares sempre é o comezo da miña sesión de relax. Non importa que o ceo estea cuberto ou despexado, non importa a estación do ano,... disfrutar dos espazos naturais amplos aporta tranquilidade e serenidade. Debemos vivir de maneira moderada, sendo máis conscientes das verdadeiras necesidades buscando o noso lagum persoal. </div

San Paio de Aranga

Imaxe
As parroquias teñen un papel fundamental na organización do espazo do rural galego. Máis ca un mero territorio de administración relixosa, constituiron un dos focos da vida socioeconómica do mundo rural. A pertenza a unha parroquia conleva unha serie de vínculos inmateriais compartidos. Na actualidade o despoboamento, os cambios nos hábitos relixosos, etc., están cambiando esta situación e están afectando ao noso patrimonio: hai unha gran cantidade de bens ( igrexas, capelas, cruceiros, rectorais,...) en estado de abandono. A parroquia de S. Paio de Aranga ten esta enorme e un tanto atípica, igrexa barroca que fala dunha importante parroquia. De planta de cruz latina, con tres naves, ten unha capela onde se garda unha cruz do s.X. A gran torre campanario de tres corpos aumenta esa sensación de gran dimensión e importancia do edificio. Ao seu carón podemos ver un exemplo da situación de abandono de bens patrimoniais das parroquias: a reitoral, nun tempo pasado un fermoso edificio e

Disfrutando da praia

Imaxe
Nestes días de calor abafante, sufrindo outra onda de calor, vivir en Ares , con todas as súas praias e calas é unha sorte. Disfrutar, por exemplo, dunhas horas pola mañá na praia de Chanteiro non ten prezo. Vivimos no paraíso!

Muiño do parque de Sta. Isabel

Imaxe
A carón da área recreativa As Veigas e a capela da Sta. Isabel atópase este fermoso muiño do Parque de Sta. Isabel ou As Veigas, magnífica representación da arquitectura popular vinculada aos ríos. Parece ser que foi un dos últimos en funcionamento no concello de Outeiro de Rei . As características xeográficas deste concello lugués, posibilitaron a proliferación de muiños arredor da ampla rede fluvial existente. Foi construido no 1898. Un caneiro retén as augas do Miño e desvía parte do caudal á canle do muiño. Dispoñía de dúas moas. A ruta de sendeirismo Camiño do Miño pasa á beira do muiño, na actualidade vivenda privada, e permítenos observar con detalle esta construción.

Área recreativa As Veigas

Imaxe
No concello de Outeiro de Rei (Lugo), á beira da confluencia do río Ladra co Miño , atópase esta fermosa área recreativa, tamén coñecida coma Campo de Santa Isabel , por estar moi preto da capela deste mesmo nome. Baixo unha fermosa carballeira e outras árbores de ribeira hai numerosas mesas e bancos, unha piscina fluvial aproveitando a represa do caneiro, e sobre todo o paseo á beira do río, que forma parte da ruta Camiño do Miño , para disfrutar deste entorno fluvial tan magnífico. Paraísos de Galicia!

As tres virxes irmás da Faladora

Imaxe
O Camiño dos Arrieiros é unha vía de comunicación moi antiga entre as bisbarras do Eume e Ortegal . Ao longo dos seus case 50km. hai unha das maiores concentracións de túmulos prehistóricos da península e asentamentos da Idade de Ferro, tardo-romana e medieval; asociados a eles, o número de lendas é ben grande. Unha desas lendas é a das Virxes irmás da Faladora . A Pena Faladora dá nome á Serra Faladoira que vai dende As Pontes ata Estaca de Bares . Arredor desta pena hai tres capelas, perdidas entre montes e vales, unidas por esta lenda das tres virxes irmás: a da Virxe de Portas nos Devesos (Ortigueira) , e as de Pena de Francia e Merlán , ambas no Freixo (As Pontes) . Según a lenda, eran tres mozas castigadas polo seu pai a vivir cada unha na súa capela sen poder verse coas outras; outra variante di que eran tres vellas que non se podían ver do mal que se levaban, e cada unha foi á súa capela para non mirarse máis e como as capelas están en zonas rodeadas de altos cumes, era i