Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fraga do Xarío

Fraga do Xarío

Imaxe
A senda do río Xarío no concello de Miño , situada entre a vía do tren, a praia e unha grande urbanización, é un fermoso paseo polo bosque de ribeira do Xarío . Os bosques de ribeira ou bosques en galería, nas zonas máis húmidas de Galicia non discordan das fragas. Son importantes ecosistemas de transición para a flora e a fauna e un dos de maior biodiversidade. Ademais de poder observar a riqueza da flora e da fauna, da melodía da auga que nos acompañará todo o camiño, tamén atoparemos algúns vellos muiños que nos recordan a importancia da auga, ese ben tan preciado que é tan abondoso na nosa terra, pero que non por iso debemos descoidar. Un baño de bosque e natureza que sempre senta ben!