Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Queixeiro

Ermida de S. Bartolomeu

Imaxe
A ermida de S. Bartolomeu , na parroquia de Queixeiro en Monfero ,en plenas Fragas do Eume , é unha desas pequenas xoias de arquitectura popular ou relixiosa que atopamos espalladas por todo o país. Situada no lugar de A Torre , ten a súa orixe no s.XV e ata ben pouco estaba en estado ruinoso. Grazas ao traballo dos veciños, no 2021 restaurouse e agora , dentro da súa humildade, loce esplendorosa. A visita pode completarse cunha das numerosas rutas das Fragas , a Senda da Pasada Vella , que nos levará ata o encoro do Eume . Paraísos!

Un millón de vacas

Imaxe
Esta estampa tan bucólica que atopamos en As Cortizas , rueiro da parroquia de Queixeiro en Monfero , lembroume o título da obra de Manuel Rivas "Un millón de vacas" . Igual que Dosinda muxía á súa vaca Mora, na miña infancia lembro á miña avoa Dolina muxindo á súa vaca e dándome a probar aquel leite morno e espumoso recién muxido. Aquelas vacas tan importantes para a economía das familias do rural, que daban leite, tiraban do carro ou do arado, ás que se lles vendían as crias para sacar algún carto,...Cantas vivencias poden suscitar unhas simples imaxes! Na actualidade xa non somos o país do millón de vacas. Mágoa!