Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Románico no Golfo Ártabro

S. Miguel de Breamo

Imaxe
Situada no cume do monte Breamo ( Pontedeume ), está a pequena igrexa románica de S Miguel ; é o que queda dun mosteiro medieval. O Real Priorato de S. Miguel aparece nun documento do 1234 por un pleito entre Breamo e o mosteiro de Sobrado , pero a súa existencia é anterior, según a inscrición no contraforte esquerdo da porta principal, do ano 1187. Ten planta de cruz latina dunha soa nave cuberta por bóveda de canón e tres ábsidas semicirculares cubertas por bóvedas de cascarón.. Chama a atención a sinxeleza e pureza das súas liñas románicas, os fortes contrafortes, o gran rosetón da austera portada principal, os canzorros que coroan todos os muros e as ábsidas,... Na ruta do románico no Golfo Ártabro é un dos exemplos máis importantes que debemos visitar. A área recreativa, a carón da igrexa, estaba preparada para recibir aos romeiros de S. Miguel na gran romería do 29 de setembro.

Santa Olalla de Lubre

Imaxe
Seguindo a ruta do Románico no Golfo Ártabro , achegámonos a unha das xoias do concello de Ares , a igrexa de Sta. Olalla de Lubre , que aínda que conserva moi pouco do templo románico orixinal é un exemplo moi raro da transición do estilo oxival ao renacentista que merece a visita. &nbsp O topónimo Lubre (bosque sagrado onde os druidas celebraban os seus cultos) remítenos á antigüidade prerromana e estando a pouco máis de cen metros do lugar onde se asentaba o castro de Agro do Castro , ese pasado está claro. E sabendo do costume cristián de erixir igrexas ou capelas en lugares sagrados para as relixións precristiáns, resulta lóxico pensar que a igrexa de Sta. Olalla ou Olaia de Lubre , teña unha antigüidade maior que a que indica o cartel colocado á entrada do adro. Aparece xa no ano 830 na relación de igrexas que o rei Afonso II mandoulle facer ao abade Tructinio e no s.XII cítase na Historia Compostelá . Trátase polo tanto dunha igrexa moi antiga, aínda que o edificio...

Sta. María de Doroña

Imaxe
Nas comarcas marítimas do Golfo Ártabro hai unha gran densidade de igrexas románicas na súa orixe, con maior ou menor cantidade de elementos arquitectónicos engadidos posteriormente, que conforman unha ruta moi interesante para visitar. Un pouco apartada do Golfo Ártabro, pero merecendo estar na ruta, visitamos a igrexa de Sta. María de Doroña . Sta. María de Doroña , no concello de Vilarmaio r, é unha igrexa románica rural do ano 1163, aínda que se constrúe sobre outra anterior á que un documento datado no 953 menciona coma unha doación ao bispo S. Rosendo e aos monxes de Celanova. Presenta a acostumada orientación Leste-Oeste; ten unha soa nave rectangular e unha ábsida semicircular cun tramo recto. Os contrafortes marcan os tramos da nave e varias saeteiras ademais doutras ventás posteriores iluminan o interior. A ábsida baixo a cornisa ten fermosos caneciños e as metopas entre eles están decoradas con grandes flores. A parte norte da ábsida así coma dúas das tres saete...

Ermida da Mercé de Chanteiro

Imaxe
A ermida da Mercé de Chanteiro formaba parte dun convento franciscano do s.XIII que estivo neste lugar ata que, no ano 1393 o arcebispo compostelán Juan García Manrique concede a Fernán Pérez de Andrade licenza para edificar o convento de Sta. Catarina de Montefaro para os mesmos monxes franciscanos aos que cederá a ermida e dispón que cinco destes frades sexan os encargados de atendela. A ermida pertence ao románico tardío con elementos oxivais coma a bóveda cruzada, os arcos apuntados da nave e o da entrada a ábsida rectangular; outros elementos son románicos coma os capiteis das semicolumnas. A súa única nave está dividida en tres tramos cotrarrestados no exterior por contrafortes . A fachada refíxose séculos despois e conserva o dintel da porta primitiva, dous contrafortes e unha imposta baixo a que hai tres ganchos pétreos. As catro figuras da portada, baixo o arco lixeiramente apuntado, están moi erosionadas e tres delas teñen as cabezas de cemento despois de sufrir un ...