A carón do Lambre
A estas alturas da primavera unha gran parte de España sufre sequía, e en moitos lugares, esta xa é grave . Na nosa terra, no país dos mil ríos , milleiros de regos e regatos, somos ben afortunados con esta abundancia de auga, que tantas veces non respectamos e coidamos como debéramos. Isto pensaba onte, á beira do Lambre , no concello de Irixoa . Este río nace en Pena de Uz , moi preto de Pena Fesa , en Monfero . Nos seus 15 km. de percorrido pasa polos concellos de Irixoa , Vilarmaior , Paderne e Miño , onde desemboca na Ponte do Porco . Nesta pequena área de descanso, río arriba, hai os restos da ponte vella que cruzaba o río, as ruinas do que debeu ser un gran muiño e máis adiante a represa feita para canalizar a auga para este muiño. Mirar o río, e escoitar o relaxante son da auga mentras penso nas imaxes de sequía que nos transmiten nos informativos e lembro aqueles versos de Rosalía: "Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos,..." A auga é vida, é un...