Castelo de Naraío
En realidade son as ruinas dun castelo, nun rochedo á beira do río Castro en Naraío , no concello de San Sadurniño . Os documentos máis antigos din que o castelo de Naraío pertencía a Gonzalo Pineyro, señor de Naraío e partidario de Pedro I nas súas loitas fraticidas con Enrique de Trastamara , o cal ao subir ao trono arrasará o castelo e cederallo aos Andrade , ata que en 1466 foi destruido por Afonso Lanzós durante as Revoltas Irmandiñas . Na actualidade pertence á Casa de Alba , cedido por uns anos ao concello. A torre homenaxe é o que mellor se conserva, pero a pesares de todo, ben merece unha visita polas vistas e o entorno. Moi preto, no mesmo río Castro está a fervenza de Naraío e ao carón do castelo pasa a ruta dos Sendeiros do río Castro.