Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Friol

A carón do río Narla

Imaxe
No concello de Friol , a carón do río Narla , está este fermoso paseo fluvial cheo de fermosos recunchos e espazos que aproveitan a beira ro río para o disfrute de veciños e visitantes. Agora no outono está espectacular! Fronte ao Clube Fluvial, nun pequeno outeiro hai unha recreación dun castro galaico, o Castro Friulio , onde no mes de maio as xentes deste concello organizan unha festa de recreación histórica da vida castrexa que é todo un éxito. Moi recomendable!

San Paio de Narla

Imaxe
A fortaleza de S. Paio, situada no concello de Friol, data do s.XIII e está ubicada sobre un antigo castro. A fachada principal, a pesares das reconstrucións posteriores, conserva parte da estrutura primitiva. A torre de homenaxe é o eixe arredor do que se asentan as demais construcións. No s.XX foi adquirida pola Diputación de Lugo, que a salvou da destrución para ser vendidas as súas pedras, e no 1983 convértese en Museo Etnográfico e Histórico. Neste interesante museo hai diversas coleccións de mobiliario, utensilios domésticos, apeiros, armas, etc. de diversas épocas e procedencias. Visita moi aconsellable.