Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ferrolterra

Senda dos Encomendeiros

Imaxe
Nas Fragas do Eume hai varias rutas que nos permiten coñecer este tesouro da nosa terra: senda dos Encomendeiros, camiño da Ventureira, camiño dos Cerqueiros, Altos de Fontardión, parque etnográfico do Sesín,... Posiblemente a máis coñecida sexa a dos Encomendeiros . Dende a Alameda onde se deixa o coche, camiñando ata a primeira ponte colgante do Cal e seguindo a senda río arriba ata o mosteiro de Caaveiro para logo voltar ata a alameda. Desta volta, ao chegar á seguinte ponte colgante de Fornelos , decidimos cruzala e regresar ata a alameda. Case 10km e medio. De "ponte a ponte" unha marabilla! Chegounos.

En Punta Penencia

Imaxe
Achegarse a Punta Penencia en Doniños para contemplar o Atlántico en todo o seu esplendor, nun día de moito mar de fondo, resulta moi tentador non pasar horas mirando para el. Co forte vento a sensación térmica era de friaxe e conformámonos coa contemplación dende o coche. O paseo pola praia queda para outro día. Doniños espectacular!

En Covas - Ferrol

Imaxe
A parroquia de Covas, en Ferrol , ten tantos atractivos que resulta moi longo enumeralos: o cabo Prior co seu faro e os restos das baterías costeiras , unha longa lista de fermosas praias e calas , rutas para camiñar, etc. Aproveitando un dos días que quedan de inverno achegámonos ata Covas para empaparnos coas súas paisaxes.

Entre borrasca e borrasca

Imaxe
Empezamos febreiro do mesmo xeito que rematou xaneiro: borrascas sucesivas con alertas por vento, precipitacións, etc. Hai que aproveitar as pequenas calmas que hai entre frentes para facer algunha escapadiña e dar pequenos paseos polos arredores. A nosa contorna ben o merece. Aínda que coñecida, sempre hai eses momentos de dicir ou pensar: "Que fermosura!" Neste caso, foi a praia do Río en Meirás a que provocou o comentario.

Formariz en novembro

Imaxe
A área recreativa de Formariz , a carón do Belelle , no concello de A Capela , é un deses fermosos lugares que nunca nos cansamos de visitar. En calquera estación do ano, a natureza deste recuncho é un bálsamo para o espíritu.

A carón do río Condomiñas

Imaxe
Na fermosa vila de Cedeira está esta fermosa senda fluvial a carón do río Condomiñas , perfecta para un paseo cómodo de baixa dificultade para todas as idades. Con marea alta, a desembocadura está moi fermosa. As imaxes falan por si soas. Cedeira tamén é un paraíso!