Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Arquitectura relixosa

Sta. Catarina de Montefaro

Imaxe
Hoxe toca un paseo arredor do Mosteiro de Sta. Catarina de Montefaro , na parroquia de Cervás , do concello de Ares . Según Benito Vicetto , neste lugar houbo un templo romano adicado ao sol (atopouse un disco solar e un muiño romano) sobre o que posteriormente, no s.XII o Conde de Traba construiu un cenobio e máis tarde transfórmase nun albergue templario, servindo de lugar de vixilancia e aviso das invasións por medio de fogueiras, de aí o nome do monte Montefaro . O mosteiro actual, é fundado no 1393 polo conde Fernán Pérez de Andrade , para os monxes da Orde Terceira Regular de S. Francisco, adicado a Sta. Catarina. No testamento do conde, asinado en S. Vicente de Caamouco,no 1397, dona ao mosteiro a ermida de Chanteiro, a vila de Mugardos, os cotos de Miño e Bemantes, o portazgo de Pontedeume e os dereitos do hospital e a capela da ponte sobre o Eume. Durante séculos seguirá aumentando o seu patrimonio con posesións en Chanteiro, Ares, Neda, Pontedeume, Cabanas, Ferrol e A ...

Santa Olalla de Lubre

Imaxe
Seguindo a ruta do Románico no Golfo Ártabro , achegámonos a unha das xoias do concello de Ares , a igrexa de Sta. Olalla de Lubre , que aínda que conserva moi pouco do templo románico orixinal é un exemplo moi raro da transición do estilo oxival ao renacentista que merece a visita. &nbsp O topónimo Lubre (bosque sagrado onde os druidas celebraban os seus cultos) remítenos á antigüidade prerromana e estando a pouco máis de cen metros do lugar onde se asentaba o castro de Agro do Castro , ese pasado está claro. E sabendo do costume cristián de erixir igrexas ou capelas en lugares sagrados para as relixións precristiáns, resulta lóxico pensar que a igrexa de Sta. Olalla ou Olaia de Lubre , teña unha antigüidade maior que a que indica o cartel colocado á entrada do adro. Aparece xa no ano 830 na relación de igrexas que o rei Afonso II mandoulle facer ao abade Tructinio e no s.XII cítase na Historia Compostelá . Trátase polo tanto dunha igrexa moi antiga, aínda que o edificio...

Sta. María de Doroña

Imaxe
Nas comarcas marítimas do Golfo Ártabro hai unha gran densidade de igrexas románicas na súa orixe, con maior ou menor cantidade de elementos arquitectónicos engadidos posteriormente, que conforman unha ruta moi interesante para visitar. Un pouco apartada do Golfo Ártabro, pero merecendo estar na ruta, visitamos a igrexa de Sta. María de Doroña . Sta. María de Doroña , no concello de Vilarmaio r, é unha igrexa románica rural do ano 1163, aínda que se constrúe sobre outra anterior á que un documento datado no 953 menciona coma unha doación ao bispo S. Rosendo e aos monxes de Celanova. Presenta a acostumada orientación Leste-Oeste; ten unha soa nave rectangular e unha ábsida semicircular cun tramo recto. Os contrafortes marcan os tramos da nave e varias saeteiras ademais doutras ventás posteriores iluminan o interior. A ábsida baixo a cornisa ten fermosos caneciños e as metopas entre eles están decoradas con grandes flores. A parte norte da ábsida así coma dúas das tres saete...