Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta S. André de Teixido

Miradoiro Cruceiro de Teixidelo.

Imaxe
O miradoiro do cruceiro de Teixidelo é un dos moitos miradoiros que rodean S. André de Teixido , na serra da Capelada . Coma en todos eles, as vistas son magníficas: a un lado a aldea de S. André, ao outro Punta Herbeira cos cantís máis altos da Europa continental, e baixo eles a praia de Teixidelo, a única de non orixe volcánica con areas negras. E o océano inmenso bañando todo este entorno, uns días en calma e outros furioso. Aquí, a uns metros do cruceiro, atopamos unha placa recordatorio dun episodio da II Guerra Mundial, cando a aviación alemana atacou unha pequena aeronave británica, con 17 persoas que perderon a vida nesta costa. Entre elas o famoso actor británico Leslie Howard . Este miradoiro é unha parada obrigatoria!

Miradoiro de Chao do Monte

Imaxe
Na Serra da Capelada , na estrada de Cedeira a S. André de Teixido , é o primeiro miradoiro que atopamos, a unha altura de 360m. sobre o nivel do mar. As vistas dende aquí son espectaculares, e a parada obrigatoria. Podemos observar o centro de peregrinaxe máis antigo de Galicia e do norte peninsular: " Santo André de Teixido , vai de morto quen non foi de vivo". E alá ao fondo, chamando poderosamente a atención, os cantís de Vixía Herbeira , que cunha altura de 620m son os máis altos da Europa continental. Se consideramos tamén o territorio insular, estaría en 4ª lugar, por detrás de dous cantís nas illas Feroe e outro en Irlanda. Dende aquí hai unha ruta de miradoiros que nos levará ata Cariño : Chao do Monte, Cortes, Carrís, Cruceiro de Teixidelo, Vixía Herbeira,... Paisaxe para disfrutar!