Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Fortalezas e castelos

Castelo de Moeche

Imaxe
O castelo de Moeche , na parroquia de S. Xurxo en Moeche , é un castelo do s.XIV que pertenceu aos Andrade . É de planta octogonal irregular cun foxo escavado na rocha no lado oeste e no lado leste a entrada defendida con baluarte apegado de planta tamén irregular. A torre homenaxe de 18m de altura é unha das partes mellor conservadas e dende o patio de armas accédese a varias estancias no interior. No exterior salientar varios escudos de armas e as saeteiras e pequenas fiestras con arcos de medio punto. Os anchos muros son de cachotería de lousa e de granito do Forgoselo. Chama a atención a súa situación na cabeceira do val de Moeche en lugar de estar nunha zona máis alta. Foi escenario da primeira Revolta Irmandiña , cando Roi Xordo ao mando da Irmandade Fusquenlla chega ao castelo para acabar con Nuno Freire de Andrade, o Mao , que xa fuxira ao castelo de Andrade . Máis tarde o conde de Lemos , Pedro Álvarez de Osorio obriga aos Irmandiños a reconstruir o castelo ...

Castelo de Naraío

Imaxe
En realidade son as ruinas dun castelo, nun rochedo á beira do río Castro en Naraío , no concello de San Sadurniño . Os documentos máis antigos din que o castelo de Naraío pertencía a Gonzalo Pineyro, señor de Naraío e partidario de Pedro I nas súas loitas fraticidas con Enrique de Trastamara , o cal ao subir ao trono arrasará o castelo e cederallo aos Andrade , ata que en 1466 foi destruido por Afonso Lanzós durante as Revoltas Irmandiñas . Na actualidade pertence á Casa de Alba , cedido por uns anos ao concello. A torre homenaxe é o que mellor se conserva, pero a pesares de todo, ben merece unha visita polas vistas e o entorno. Moi preto, no mesmo río Castro está a fervenza de Naraío e ao carón do castelo pasa a ruta dos Sendeiros do río Castro.

Navia de Suarna

Imaxe
Navia de Suarna , na bisbarra dos Ancares , é un concello lugués que limita ao norte con Asturias e ao leste con León. O río Navia recorre todo o concello e o centro municipal de A Proba , lugar xa de gran importancia no medievo, como mostra o seu conxunto monumental. A Proba naceu ao amparo dunha fortaleza que vixiaba un importante paso de camiños, xa que para cruzar o río Navia había que pasar pola única ponte destes profundos vales dos Ancares. A ponte, de 13 m de altura, estaba preparada para as grandes medras do río en época de choivas. A fortaleza, coñecida coma castelo dos Altamira (BIC 1994) foi reconstruída no s.XV despois de ser destruída nas revoltas Irmandiñas. Na actualidade en estado de semiabandono. Percorrer as rúas, os camiños á beira do río, observar a arquitectura tradicional, probar a gastronomía, ...son posibilidades que encherán de recordos a nosa visita.