Navia de Suarna
Navia de Suarna , na bisbarra dos Ancares, é un concello lugués que limita ao norte con Asturias e ao leste con León. O río Navia recorre todo o concello e o centro municipal de A Proba, lugar xa de gran importancia no medievo, como mostra o seu conxunto monumental.
A Proba naceu ao amparo dunha fortaleza que vixiaba un importante paso de camiños, xa que para cruzar o río Navia había que pasar pola única ponte destes profundos vales dos Ancares.
A ponte, de 13 m de altura, estaba preparada para as grandes medras do río en época de choivas. A fortaleza, coñecida coma castelo dos Altamira (BIC 1994) foi reconstruída no s.XV despois de ser destruída nas revoltas Irmandiñas. Na actualidade en estado de semiabandono.
Percorrer as rúas, os camiños á beira do río, observar a arquitectura tradicional, probar a gastronomía, ...son posibilidades que encherán de recordos a nosa visita.
Comentarios
Publicar un comentario