Recunchos

No apaixoante percorrido polo norte de Galicia atopamos recunchos de enorme beleza, que ás veces quedan sen publicar gardados nas carpetas das viaxes, merecedores dunha entrada propia por tratarse de pequenas xoias. Ás veces son casas, restauradas ou non, outras simples ruinas nas que buscar detalles das construcións tradicionais.
Pode ser unha vella figueira nunha horta abandoada ou unha egua co seu poldro á beira do camiño.
Poden ser uns hórreos, uns muiños, unha aldeíña...
En calquera recuncho da nosa terra atopamos tesouros!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

A Campa

Praia de Chanteiro

Paseo pola praia

Pola costa de Ares

O bosque fósil de Seselle

A escola de Seselle

Praia do Raso