Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2024

Paseos pola contorna

Imaxe
Seguindo coas andainas, neste mes de abril atípico no meteorolóxico, onte fixemos unha das rutas de proximidade que máis nos gustan ( Alto da Pena - A Xunqueira - Pedrós - A Areosa e volta). Despois de atravesar A Xunqueira seguimos a estrada que leva a Pedrós . Uns centos de metros máis adiante seguimos polo camiño que hai a carón das pistas deportivas. Este camiño nos levará ata A Areosa , xa no concello de Mugardos ; cando empece o asfalto saberemos que deixamos Ares e entramos en Mugardos . Fermoso paseo!

Senda costeira en Cabanas

Imaxe
A senda costeira da península de Bezoucos é un prodixio da natureza, cheo de tesouros. Unha marabilla que hai que disfrutar e protexer. Un tramo desta senda está no concello de Cabanas , dende río Castro ata a praia da Madalena . A senda está marcada, é doada e ofrece recunchos espectaculares. Podemos ver dende ela todo o interior da ría de Ares , os seus lugares máis pintorescos, disfrutar de solpores perfectos, de pequenas calas dende as que o mar nos convída a mergullarnos nas súas augas,... Seguindo a serpenteante senda pronto chegaremos á praia de Chamoso e nun dos seus extremos, con marea baixa poderemos percorrer a punta Cabalo . Baixo a sombra da arboreda seguimos a senda ata as escaleiras que baixan á praia da Madalena . Si baixamos e recorremos todo o areal, entre ida e volta, faremos unha boa andaina. Paraísos da costa de Bezoucos !

Camiño vello a Caaveiro

Imaxe
O Camiño vello a Caaveiro é un antigo e fermoso camiño medieval, en plenas Fragas do Eume , que leva dende as casas de As Neves (A Capela) ata o mosteiro de Caaveiro . Deixamos o coche no lugar de O Pousadoiro e e uns centos de metros máis abaixo chegamos ao enlace que vén do lugar de O Pazo e o camiño xa coincide coa GR55 ou ruta do Medievo . Esa gran ruta de 90km que une Betanzos con S. André de Teixido , e que ten bastantes km que pasan por este concello de A Capela . O camiño cada vez ten máis pendiente e cun chan tan irregular e pedregoso, resulta esixente. A fermosura da fraga fai que mereza a pena! Despois dos 2,5km de baixada chegamos á ponte que atravesa o río Sesín . Baixamos ata o río para ver a ponte dende abaixo, os restos do muiño e os saltos da auga que producen un son atronador que nos rodea. Despois dun pequeno descanso, disfrutando da beleza do entorno, emprendemos o regreso; outros 2,5km, esta vez de forte subida, nos esperan. Con alg