Camiño vello a Caaveiro
O Camiño vello a Caaveiro é un antigo e fermoso camiño medieval, en plenas Fragas do Eume, que leva dende as casas de As Neves (A Capela) ata o mosteiro de Caaveiro.
Deixamos o coche no lugar de O Pousadoiro e e uns centos de metros máis abaixo chegamos ao enlace que vén do lugar de O Pazo e o camiño xa coincide coa GR55 ou ruta do Medievo. Esa gran ruta de 90km que une Betanzos con S. André de Teixido, e que ten bastantes km que pasan por este concello de A Capela.
O camiño cada vez ten máis pendiente e cun chan tan irregular e pedregoso, resulta esixente. A fermosura da fraga fai que mereza a pena!
Despois dos 2,5km de baixada chegamos á ponte que atravesa o río Sesín.
Baixamos ata o río para ver a ponte dende abaixo, os restos do muiño e os saltos da auga que producen un son atronador que nos rodea.
Despois dun pequeno descanso, disfrutando da beleza do entorno, emprendemos o regreso; outros 2,5km, esta vez de forte subida, nos esperan. Con algunha paradiña, chegamos arriba e finalizamos esta ruta.
Paraísos!
Comentarios
Publicar un comentario