Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Arquitectura militar

Miradoiro da Bailadora

Imaxe
En Montefaro , no concello de Ares , a carón da antiga batería antiaérea, está o miradoiro da Bailadora que nos ofrece unhas espectaculares vistas da ría de Ferrol , cos castelos da súa entrada, Brión e S. Felipe, Mugardos , Fene ,... da ría de Ares con Breamo destacando, e en días de boa visibilidade a Torre de Hércules e as Sisargas alá ao fondo. As ruinas da batería costeira seguen esperando esa posta en valor que merecen e que parece máis próxima según os plans da Deputación. Construida según o plan de artillado de 1897 para a defensa de Ferrol e o Golfo Ártabro, forma parte do extenso sistema defensivo de Ferrolterra, con castelos, túneles, etc. Coincidimos aquí cunha parella portuguesa e pensei no coidado que teñen no país veciño con todo o seu patrimonio. Sentín envexa da boa, chea de admiración polo que fan para manter e conservar en bo estado a herdanza dos devanceiros.

Prioriño Chico

Imaxe
Achegarse ata Prioriño Chico dende o alto do Pieiro é gozar dunhas incribles vistas das entradas ás rías de Ares e de Ferrol, Montefaro e Chanteiro, Cariño, A Marola e A Coruña coa Torre de Hércules,... O Golgo Ártabro móstranos toda a súa beleza tanto con bo tempo, coma en días borrascosos. Unha vez en Prioriño Chico temos o faro, as baterías, o mirador ornitolóxico, e por suposto o océano batendo contra as rochas, o seu cheiro, as embarcacións que pasan por diante deste cabo, ... tantas cousas para disfrutar. Calquera momento é bo para achegarse ata aquí e deixarse impactar polo entorno.

Ruta das Baterías costeiras do Cabo Prior

Imaxe
Esta ruta iniciámola no faro e continuamos polas baterías de artillería. O faro é do s.XX e as baterías do s.XIX, mandadas construir por Primo de Rivera para a defensa da base naval de Ferrol. Desmanteladas no 1991, están en estado ruinoso, e parece que por fin isto se vai revertir cun proxecto europeo de recuperación do patrimonio marítimo, militar e industrial. Esperemos velo convertido en realidade canto antes, xa que a ruta é impresionante. Si facemos a ruta con nenos hai que estar atentos.