Dende O Segaño ata A Palma
Estupenda camiñata de pouco máis de 6Km (ida e volta) entre os concello de Ares e Mugardos . Saíndo da batería costeira de Punta Segaño o camiño permite observar a entrada da ría de Ferrol e as baterías, fortes e castelos que formaban parte do sistema defensivo da mesma. O camiño, case sen desniveis, é moi cómodo para todas as edades e moi frecuentado por ciclistas, corredores ou camiñantes. Á esquerda, o mar e as ribeiriñas que descobre a marea baixa , e á dereita a aba de Montefaro que semella un muro protector desta fermosura de paisaxe. Ao chegar a esta pequena área de descanso (actualmente bastante descoidada) sabemos que deixamos o concello de Ares e entramos no de Mugardos. Pouco despois chegamos ao lugar onde estaba o castelo de S. Martiño, dende o cal se tendía unha forte cadea ata o castelo de S. Felipe, na outra banda da ría, para evitar a entrada de naves enimigas. Hoxe so quedan unhas ruinas. Os Castelos de S. Felipe e da Palma ao fondo, as grandes fortalezas defe...