Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Conxunto Megalítico

Os asentos máis duros do mundo.

Imaxe
Un dos espazos de gran valor natural no Concello de Fene é o monte Marraxón , zona de montes comunais que chega a unha altura duns 354m no lugar coñecido coma O Couto do Rei . Aquí levan a cabo os veciños, coa colaboración do Concello, un proceso de recuperación e limpeza para preservar os ecosistemas ademais dos restos megalíticos existentes. Dende o cume do monte podemos observar unha das mellores vistas panorámicas da ría de Ferrol e do Golfo Ártabro e descansar nos chamados " Asentos máis duros do mundo" . Sentar neles despois da subida ao Couto , aínda que sexan duros, e disfrutar desta paisaxe agradécese. A carón dos asentos está a mámoa do Couto do Rei que é a de maior tamaño que podemos atopar entre o grupo de 19 mámoas esparexidas polo monte Marraxón e que datan do 5500 a.d.C. ( Mámoa: Sepulcro prehistórico da época megalítica formado por un dólmen cuberto por un montículo de terra ou pedras.) Tesouros moi preto da casa!

Penas de Rodas

Imaxe
A poucos km. da cidade de Lugo , en Outeiro de Rei , está este conxunto megalítico de Penas de Rodas , rodeado de petróglifos, mámoas, castros, xacementos romanos, etc. Hai algunhas teorías que o vinculan a un lugar sagrado e de culto na antigüidade; outras relacionáno coa astronomía indicando que podería ser un dos primeiros calendarios solares e que os dous grandes rodos simbolizarían a Terra e o Sol; para outros non é máis ca unha formación natural, pero tan rodeada de lendas, que a convertirían nun lugar máxico. O lugar ten unha ampla área recreativa con mesas, bancos, fontes, á sombra das árbores e repartidos entre os penedos; incluso hai un gran palco para a romaría anual que celebran os veciños en verán. Un lugar tan impresionante que merece unha visita. Paraísos!