Os asentos máis duros do mundo.

Un dos espazos de gran valor natural no Concello de Fene é o monte Marraxón, zona de montes comunais que chega a unha altura duns 354m no lugar coñecido coma O Couto do Rei. Aquí levan a cabo os veciños, coa colaboración do Concello, un proceso de recuperación e limpeza para preservar os ecosistemas ademais dos restos megalíticos existentes. Dende o cume do monte podemos observar unha das mellores vistas panorámicas da ría de Ferrol e do Golfo Ártabro e descansar nos chamados "Asentos máis duros do mundo". Sentar neles despois da subida ao Couto , aínda que sexan duros, e disfrutar desta paisaxe agradécese. A carón dos asentos está a mámoa do Couto do Rei que é a de maior tamaño que podemos atopar entre o grupo de 19 mámoas esparexidas polo monte Marraxón e que datan do 5500 a.d.C.
( Mámoa: Sepulcro prehistórico da época megalítica formado por un dólmen cuberto por un montículo de terra ou pedras.) Tesouros moi preto da casa!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Recunchos

Praia de Chanteiro

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

O mar de Loiba

Pola costa de Ares

Sta. Catarina de Montefaro

A Redes por mar

A escola de Seselle