A Caaveiro
Para celebrar o Día Internacional dos Bosques que mellor que unha camiñata polas Fragas do Eume ? O tramo dende a vella central de Ventureira, na Capela, é un camiño cómodo e curto (sobre 6km. ida e volta) que nos leva ata o mosteiro de S. Xoán de Caaveiro . Cos sonidos do bosque, dos regos que baixan formando pequenas fervenzas e do río Eume, o camiño lévanos con suaves descensos entre eucaliptos e árbores das fragas ata preto do mosteiro onde se estreita formando un sendeiro. O mosteiro é de orixe medieval, xa que se fundou no 934, aínda que acadou o seu dominio a máxima extensión entre o 1220 e 1259, con máis de 15 parroquias baixo a súa xurisdición. Tamén tivo un momento de esplendor no s. XVII, coma Colexiata, e a finais do XVIII comeza a súa decadencia. Na actualidade está declarado BIC e a Deputación da Coruña, despois da súa restauración musealizouno, sendo un dos grandes atractivos das Fragas. Así, poderemos visitar a Casa dos Coengos, a Casa de D. Pío, as cociña...