Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Paseo fluvial de Friol

A carón do río Narla

Imaxe
No concello de Friol , a carón do río Narla , está este fermoso paseo fluvial cheo de fermosos recunchos e espazos que aproveitan a beira ro río para o disfrute de veciños e visitantes. Agora no outono está espectacular! Fronte ao Clube Fluvial, nun pequeno outeiro hai unha recreación dun castro galaico, o Castro Friulio , onde no mes de maio as xentes deste concello organizan unha festa de recreación histórica da vida castrexa que é todo un éxito. Moi recomendable!