Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Neda

Monte Ancos

Imaxe
Polos historiadores romanos sabemos que estes chegaron a Galicia uns 150 anos a.C., e que, pouco a pouco, foron invadindo todo o territorio aínda que a cultura castrexa durou ata os séculos III- IV d.C.. Estes historiadores romanos describen a nosa costa coma unhas terras surcadas por varios ríos e habitadas polos ártabros . Estrabón fala do "Portus Magnus Artabrorum" . O xeógrafo Pomponio Mela menciona o río Ivia(Xubia) e tanto el coma Ptolomeo sitúan por esta zona de Ferrolterra a cidade de Libunca , o poboado ártabro máis importante desa época. A posible ubicación desta antiga cidade, da que hai moitas referencias, pero ningunha certeza do seu lugar exacto podería ser, según varios autores, o castro do monte Ancos , no concello de Neda . Esa "antiga cidade do monte" da que falan textos medievais, actualmente está moi destruida. Os poucos restos que quedan, entre eles as dúas murallas, están ocultos por terra e maleza. Nos anos 70 do século pasado aínda o...

Miradoiro de Viladonelle

Imaxe
A fervenza do río Belelle en Neda , é unha das máis espectaculares de Galicia, cos seus 45m de caída no medio dunha fermosa fraga entre escarpados montes. Ademais de vela a pé de río, outro lugar para observala é o miradoiro de Viladonelle . Pódese ascender ata el dende abaixo, preto da fervenza, nunha senda que sube uns 143m ata chegar ao miradoiro. Outra posibilidade, máis cómoda, é achegarnos ata o lugar de Viladonelle , e alí descender un pequeno tramo ata o miradoiro. Dende a plataforma de madeira, hai outra fermosa perspectiva da fervenza, a fraga, os montes,... O río Belelle , cheo de rutas, dende o seu nacemento ata a desembocadura, ofrécenos verdadeiras marabillas. Paraísos que recorrer!