Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Río Belelle

Formariz en novembro

Imaxe
A área recreativa de Formariz , a carón do Belelle , no concello de A Capela , é un deses fermosos lugares que nunca nos cansamos de visitar. En calquera estación do ano, a natureza deste recuncho é un bálsamo para o espíritu.

Paseo polo Belelle

Imaxe
Nun caloroso serán de xullo, un paseo pola beira do río Belelle (no concello de A Capela , no tramo entre Cabalar e Formariz ) é un luxo! Baixo a sombra do bosque de ribeira seguimos o curso do río, silandeiro unhas veces e cantareiro noutras, disfrutando desta fermosa paraxe. Nunha publicación anterior xa describín con detalle esta ruta; desta volta, unhas imaxes abondan. Paraisos do norte de Galicia !

O Río Cuberto

Imaxe
O Río Cuberto é esa paraxe única onde o río Belelle "desaparece" , moi preto da área recreativa de Formariz , entre grandes bloques graníticos e só escoitamos o bruar da súa auga baixo esas enormes moles de pedra, ata que o vemos aparecer de novo, a uns poucos metros da área recreativa onde se remansa para emprender novamente a súa accidentada viaxe en busca do mar. Despois destes días de sucesións de borrascas o caudal do río está tan medrado, que neste punto xa non é "río cuberto". Estas dúas fotos feitas en verán mostran o nivel da auga baixo a ponte de madeira e nas seguintes, feitas agora, vese o nivel da auga a ras da ponte. O Río Cuberto sempre un espectáculo!

Río Cuberto

Imaxe
Nun día de verán de calor abafante unha estupenda idea pode ser achegarnos ata a área recreativa de Formariz e disfrutar do frescor e a tranquilidade da fraga do Belelle . Uns metros río arriba, o río reaparece, despois do tramo chamado río Cuberto porque, literalmente, desaparece baixo grandes moles de rocha granítica. Hai un pequeno sendeiro na beira do monte se queremos percorrer o tramo cuberto. E se apetece camiñar máis, poderemos seguir río arriba ata Sta. María de Cabalar . O silencio do Belelle neste tramo da área recreativa de Formariz parece un descanso que toma o río no seu traballoso percorrido. Algo único que hai que disfrutar.

Miradoiro de Viladonelle

Imaxe
A fervenza do río Belelle en Neda , é unha das máis espectaculares de Galicia, cos seus 45m de caída no medio dunha fermosa fraga entre escarpados montes. Ademais de vela a pé de río, outro lugar para observala é o miradoiro de Viladonelle . Pódese ascender ata el dende abaixo, preto da fervenza, nunha senda que sube uns 143m ata chegar ao miradoiro. Outra posibilidade, máis cómoda, é achegarnos ata o lugar de Viladonelle , e alí descender un pequeno tramo ata o miradoiro. Dende a plataforma de madeira, hai outra fermosa perspectiva da fervenza, a fraga, os montes,... O río Belelle , cheo de rutas, dende o seu nacemento ata a desembocadura, ofrécenos verdadeiras marabillas. Paraísos que recorrer!