Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Vilalba

Paseo dos Soños

Imaxe
Os paseos e sendas fluviais son moi abundantes na nosa terra, e aínda que sexan diferentes pola lonxitude, conservación, etc., a maioría son moi fermosos e resulta un pracer camiñalos. Con estes días de verán de moita calor, pasear á beira dun río é marabilloso. O Paseo dos Soños en Vilalba , a carón do río Madalena , comeza no Muiño do Rañego e discorre á beira do río ata a Ponte dos Freire . A Irmandade Manuel María e a Asociación C. Xermolos iniciaron no 2006 unha homenaxe a varios autores destacados da bisbarra, cunha serie de esculturas colocadas ao longo do paseo. Que gra riqueza temos nos nosos ríos. Que importante é coidalos!

Bordeando a Serra da Carba

Imaxe
Case despedindo o inverno nesta solleira tarde cun fermoso recorrido bordeando a Serra da Carba , por terras de Xermade , Vilalba e Muras . Imaxes bucólicas que transmiten serenidade e calma. Beleza en estado puro!

Cruceiro de Lanzán

Imaxe
Castelao dicía que un cruceiro é " un perdón do ceo" O que si está claro é que son un sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular. En Galicia hai preto de 12.000 cruceiros, levantados en cruces de camiños, a carón de igrexas, ermidas, cemiterios, camiños... Os máis antigos que se conservan son do s.XIV e imitan as cruces procesionais góticas. Este cruceiro de Lanzán, na parroquia vilalbesa de Tardade é do ano 1906. Realizado en granito, chama a atención a súa abundante decoración e a fermosura da súa ubicación. Merece unha paradiña! (Lamentable a colocación dun colector do lixo ao seu carón.)