Cruceiro de Lanzán

Castelao dicía que un cruceiro é " un perdón do ceo" O que si está claro é que son un sinal de identidade da paisaxe galega e expresión da devoción popular.
En Galicia hai preto de 12.000 cruceiros, levantados en cruces de camiños, a carón de igrexas, ermidas, cemiterios, camiños... Os máis antigos que se conservan son do s.XIV e imitan as cruces procesionais góticas.
Este cruceiro de Lanzán, na parroquia vilalbesa de Tardade é do ano 1906. Realizado en granito, chama a atención a súa abundante decoración e a fermosura da súa ubicación. Merece unha paradiña! (Lamentable a colocación dun colector do lixo ao seu carón.)

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Praia Pequena de Chanteiro

O mar de Loiba

Praia de Chanteiro

A Campa

Paseo pola praia

O bosque fósil de Seselle

Recunchos

Pola costa de Ares

A escola de Seselle

Área recreativa Muiño de Congostro