Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Centeás

O mar en Centeás

Imaxe
Baixar ata a cala de Centeás , sentarse nas rochas, notar o sol quentando a pel, observar o mar e deixar que o son das ondas relaxe o espíritu,... Que máis se pode pedir? Paraísos ao noso arredor!

Centeás

Imaxe
Aínda que estamos xusto na metade do inverno, estes días tan solleiros convidan a disfrutar do entorno. Outro recuncho ben fermoso da nosa costa é a cala de Centeás. Situada moi preto da pequena praia de Estacas, tamén ten unhas escaleiras de madeira para baixar ao areal, o cal con marea chea case desaparece. Agora nótanse os estragos dos temporais de inverno, pero esta beleza agreste, tamén é fermosa. Sentarse aquí frente ao mar, co seu son de fondo e o chío das gaivotas, deixar a mente en branco e respirar. PAZ!