Polo norte de Galicia hai miles de paraísos para descubrir.
O mar en Centeás
Obter ligazón
Facebook
X
Pinterest
Correo electrónico
Outras aplicacións
Baixar ata a cala de Centeás, sentarse nas rochas, notar o sol quentando a pel, observar o mar e deixar que o son das ondas relaxe o espíritu,... Que máis se pode pedir? Paraísos ao noso arredor!
No apaixoante percorrido polo norte de Galicia atopamos recunchos de enorme beleza, que ás veces quedan sen publicar gardados nas carpetas das viaxes, merecedores dunha entrada propia por tratarse de pequenas xoias. Ás veces son casas, restauradas ou non, outras simples ruinas nas que buscar detalles das construcións tradicionais. Pode ser unha vella figueira nunha horta abandoada ou unha egua co seu poldro á beira do camiño. Poden ser uns hórreos, uns muiños, unha aldeíña... En calquera recuncho da nosa terra atopamos tesouros!
Nas tardes solleiras de outono, de cando en vez, facemos unha escapadiña ata a costa de Loiba para ollar o mar. Se a marea o permite, baixar ata a praia de Picón é unha necesidade. Desta volta, coa marea alta non foi posible e houbo que conformarse con contemplala dende arriba. O espectáculo desta costa namora. Este é outro deses moitos lugares da nosa terra que piden voltar. Paraísos do norte de Galicia !
Reconectar coa natureza é preciso se queremos ser máis felices, porque na conexión co entorno natural atoparemos beneficios para o corpo e a mente. O ser humano necesita desa conexión que podemos atopar en moitos lugares e de moitos xeitos. Mirando no entorno máis próximo atoparemos miles de lugares nos que desconectar das rutinas. Un deses lugares marabillosos pode ser a praia Pequena de Chanteiro. Esta pequena cala, que con marea alta queda sen area, é un lugar máxico. Sentarse aquí un tempo, observar, sentir, emociónarse co entorno,...Calquera momento é bo, pola mañá cedo no entorno case deserto, ao solpor cando o sol pode ofrecernos ceos espectaculares, un día de temporal co mar rompendo nas rochas, ou nun serán solleiro de febreiro coma este. Escoitar o mar é un bálsamo para o espíritu. Próbao e disfruta!(Mirar o vídeo en pantalla completa e co son activado).
A praia de Seselle ou da Campa , hai anos estaba ben separada da praia do Raso e da praia das Regueiras ; esta, á sua vez, tamén estaba ben separada da praia do Xuncal en Ares , aínda que con marea baixa pasábase dunha á outra a pé ou con carros que viñan buscar area a Seselle para a construcción. As rodeiras que estes carros marcaron nesas rochas así o atestiguan. As puntas de terra que penetraban no mar separando estas praias foron erosionándose ata case desaparecer. Na actualidade a enseada de Ares , practicamente é esa fermosa cuncha que vemos nas tomas aéreas. Calquera delas é unha boa elección. Paraísos!
A praia de Chanteiro , unha das xoias do concello de Ares , non precisa palabras para describir o que se sinte nela, as sensacións que percibimos cos nosos sentidos, esas vistas, ese aroma a océano, ese son do mar, a area ou as rochas baixo o noso corpo,... . Coas imaxes basta! Paraísos de Ares!
Nun día de finais de inverno, cun ceo ameazante e algo de temporal no mar, tamén é un bo plan unha camiñata pola costa de Ares . Neste caso saímos dende O Petelo e seguimos a ruta marcada polo concello. Está moi ben sinalada e limpa. As vistas, non por coñecidas deixan de impactar. É unha verdadeira gozada, tanto con bo tempo coma con este ceo ameazante. Deixamos atrás as calas de Centeás e Estacas despois de facer pequenas paradas para contemplar o mar. Chegar á Barrosa implica novas paradiñas para disfrutala dende todos os ángulos. Hoxe a marea chea case non deixaba praia. Seguimos ruta ata o miradoiro Blue Star e dende aquí iniciamos o camiño de volta. Paseo corto, pero magnífico para cargar as pilas.
Hoxe toca un paseo arredor do Mosteiro de Sta. Catarina de Montefaro , na parroquia de Cervás , do concello de Ares . Según Benito Vicetto , neste lugar houbo un templo romano adicado ao sol (atopouse un disco solar e un muiño romano) sobre o que posteriormente, no s.XII o Conde de Traba construiu un cenobio e máis tarde transfórmase nun albergue templario, servindo de lugar de vixilancia e aviso das invasións por medio de fogueiras, de aí o nome do monte Montefaro . O mosteiro actual, é fundado no 1393 polo conde Fernán Pérez de Andrade , para os monxes da Orde Terceira Regular de S. Francisco, adicado a Sta. Catarina. No testamento do conde, asinado en S. Vicente de Caamouco,no 1397, dona ao mosteiro a ermida de Chanteiro, a vila de Mugardos, os cotos de Miño e Bemantes, o portazgo de Pontedeume e os dereitos do hospital e a capela da ponte sobre o Eume. Durante séculos seguirá aumentando o seu patrimonio con posesións en Chanteiro, Ares, Neda, Pontedeume, Cabanas, Ferrol e A ...
Unha das xoias do concello de Ares , sen dúbida, é o pobo de Redes . A fermosa vila mariñeira é un dos atractivos do norte de Galicia. Pasear polas súas rúas admirando a súa arquitectura indiana e mariñeira , baixar á súa praia ou á ribeira, achegarse ata a punta do castelo, perderse nos seus calexóns ou corredoiras, sentarse nas súas prazas, no peirao, escaleiras... e mergullarse na vida deste pobo é toda unha experiencia. Pero aquí fago outra proposta. Achegarse a Redes por mar, dende o porto de Ares, para ter outra perspectiva da vila. Pasar polas praias de Seselle e do Raso , ver de preto as illas do Mourón e A Cercada , as pequenas calas, a praia de Sabadelle , as puntas de Agra e Modias , os muros do Castelo e a franxa marítima de Redes en todo o seu esplendor. No verán, sobre todo en días festivos, a ría está moi concurrida e se nos achegamos a algunha das praias ou calas sorprenderanos a cantidade de embarcacións e de persoas que disfrutan deste entorno paradisíaco.
En Galicia temos moi claro o importante papel que desempeñou a emigración no ámbito educativo e a contribución fundamental deste numeroso colectivo na creación da primeira rede escolar na nosa terra. No noso pequeno concello de Ares temos catro fermosos exemplos destas escolas : a Alianza Aresana de Instrucción fundada na Habana en 1904 e que inaugura a escola das Alianzas en Ares en 1908; a Agrupación Instructiva de Caamouco , fundada tamén na Habana no 1911 e que inaugura a escola da Tenencia no 1915; o Centro Instructivo, Recreativo e Social de Cervás na Habana e Estados Unidos que inaugura a súa escola no 1925 e por último, a Escola de Seselle , construida coa iniciativa privada dun único emigrante, Gaspar Vizoso Cartelle , e inaugurada no 1931. En Seselle ata o 1931, non houbo escola e a rapazada tiña que ir a Ares; posteriormente na casa dos Duráns, no Froés, deuse escola durante uns anos. A foto desa casa dos Duráns é posterior, da década dos 60, xa en moi mal estado....
Comentarios
Publicar un comentario