Área recreativa Muiño de Congostro

No país dos máis de mil ríos e milleiros de regos non é raro atopar áreas recreativas marabillosas ás beiras destes cursos de auga.
A área recreativa do muiño de Congostro no concello de Aranga, está situada na confluencia do rego Cambás co río Mandeo, no Barranco da Loba en Ponte Aranga. A Asociación de veciños Santa Cruz de Aranga, no ano 2010, foi a promotora deste espazo para esparcimento e disfrute da veciñanza e visitantes, nesta fermosa localización a carón das ruinas do muiño de Congostro. Á sombra de frondosos carballos e castiñeiros, co son da auga e o canto dos paxaros, compartindo unha comida ou merenda, cunha boa lectura ou simplemente a contemplación da natureza,... temos o disfrute garantizado. Dende aquí tamén poderemos facer algunha camiñata, aproveitando as rutas que pasan por esta zona. Paraísos de Galicia norte!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Paseo pola praia

Praia Pequena de Chanteiro

A Campa

Praia de Chanteiro

O mar de Loiba

O bosque fósil de Seselle

Pola costa de Ares

Recunchos

Miradoiro de Augas Caídas

A escola de Seselle